14.9 C
Pontevedra
Mércores, 8 de Maio de 2024
Máis
    HomeLouriñaO PorriñoO Porriño promociona a Praza de Abastos cun showcooking de Entroido

    O Porriño promociona a Praza de Abastos cun showcooking de Entroido

    Será este sábado, 26 de febreiro, no exterior da Praza de Abastos con aforo limitado por motivos de seguridade sanitaria

    O Concello do Porriño quere poñer en valor e dinamizar a praza de abastos municipal. Para iso, levará a cabo unha serie de melloras e iniciativas, a primeira delas este sábado ás 12:30 h.

    No marco das “Xornadas gastronómicas do Entroido 2022” celebrarase un un showcooking para destacar a calidade dos produtos que ofrece a praza de abastos e incentivar o consumo de produtos frescos e de proximidade.

    Na actividade, organizada polo Concello do Porriño en colaboración con AHOSPOR,  elaboraranse varios pratos con produtos propios do mercado que degustarán comensais procedentes do centro social, persoas maiores de 60 anos, e de Aceesca. 

    “O encargado de elaborar o menú, composto por dous pratos, será Marcos Parente, cociñeiro do restaurante O Carreteiro”, anunciou a concelleira de Comercio e Mercado, Antía Carrera, “Os asistentes poderán degustar un lombo de lubina á plancha sobre tosta de pan de centeno de primeiro e unha preparación de pico de galo de segundo. O postre correrá a cargo de SuperSugar, unha tenda de pastelería artesá situada na praza”.

    “Actividades coma esta son unha boa maneira de promover a praza de abastos e animar á xente a realizar as súas compras nela. É o punto neurálxicos do noso comercio e a xente debe coñecer todo o que pode ofrecer”, explicou o alcalde, Alejandro Lorenzo, “Queremos mostrar a gran variedade de produtos frescos e naturais que se poden adquirir, así como as innovadoras receitas que con eles se poden elaborar”.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.