A Gala do Ciclismo Galego, organizada pola Federación Galega de Ciclismo e celebrada o pasado 29 de febreiro no Teatro Principal de Pontevedra, foi unha xornada moi especial para a Asociación Deportiva Avanza do Porriño que miraba como cinco dos seus deportistas, eran galardoados pola súa traxectoria e o seu traballo. Xoel Montes, Senén Bastos, Uxía Soto, André Martínez e Borja Fernández, recollían os seus máis que merecidos trofeos pola súa participación e logros tanto nos eventos autonómicos coma nacionais.

Xoel Montes galardoado como líder Junior do Ranking FCG 2019 na modalidade de BTT-XCO; Senén Bastos galardoado como líder Junior do Ranking FCG 2019 na modalidade de BTT-DHI; Borja Fernández –corredor de recente incorporación as filas da A.D. Avanza– recibía o correspondente galardón como líder Cadete do Ranking FCG 2019 na modalidade de BTT-DHI; André Martínez facía o propio como líder cadete do Ranking FCG 2019 na modalidade de Ciclocrós e Uxía Soto era galardoada por ser subcampioa de España Cadete no Campionato de España Ciclocrós, Campioa Galega 2019 de Ciclocrós categoría cadete e segunda no Ranking FCG 2019 ciclocrós.

Cómpre salientar que o tudense David Fernández era galardoado na Gala do Deporte Tudense, celebrada o pasado día 28 de febreiro, once o Concell de Tui fíxolle entrega o PREMIO DEPORTISTA PROMESA MASCULINO.
A recentemente elixida Xunta Directiva da A.D. Avanza, amosou a súa “ledicia polos seus alumnos que recollen os froitos da súa constancia, respecto e amor por este fermoso e duro deporte”.