Tag: uxía soto
Brillante papel da A.D. Avanza en Ponteareas e Viana do Castelo
Intensa fin de semana para Asociación Deportiva Avanza do Porriño, que na xornada desta pasado domingo estivo presente en varias das probas que se disputaban tanto en Galicia como no veciña Portugal. David Fernández subía ao máis alto do podio en Ponteareas, na primeira proba da Copa Galicia de Enduro, mentres que Uxía Soto remataba segunda en Viana do Castelo na XVI BTT XCO de Vila Franca - 1ª Prova Taça de Portugal XCO 2020.
Cinco galardóns para integrantes da A.D. Avanza do Porriño na Gala do Ciclismo Galego
A Gala do Ciclismo Galego, organizada pola Federación Galega de Ciclismo e celebrada o pasado 29 de febreiro no Teatro Principal de Pontevedra, foi unha xornada moi especial para a Asociación Deportiva Avanza do Porriño que miraba como cinco dos seus deportistas, eran galardoados pola súa traxectoria e o seu traballo. Xoel Montes, Senén Bastos, Uxía Soto, André Martínez e Borja Fernández, recollían os seus máis que merecidos trofeos pola súa participación e logros tanto nos eventos autonómicos coma nacionais.
A A.D. Avanza do Porriño, no medalleiro do Campionato de España de Ciclocross
A Asociación Deportiva Avanza estivo presente no medalleiro do Campionato de España de Ciclocross e o fixo a través da corredora ponteareá Uxía Soto que, no seu primeiro ano na categoría tivo que conformarse coa medalla de Prata cando, unha caida, privoulle do Ouro que tiña ao alcance da súa man.
A ponteareá Uxía Soto, campioa galega cadete de ciclocrós
O velódromo municipal de O Porriño acolleu, esta pasada fin de semana, as probas correspondentes ao Campionato Galego de Ciclocross organizado polo club porriñés Asociación Deportiva Avanza. A xélida mañá –o termómetro marcaba 0 ºC– non impediu que as e os deportistas celebraran unha auténtica festa do ciclocrós.