Domingo, 4 Maio de 2025

A ponteareá Uxía Soto, campioa galega cadete de ciclocrós

A corredora ponteareá, nas filas da Asociación Deportiva Avanza do Porriño segue a amosar o seu extraordinario estado de forma

O velódromo municipal  de O Porriño acolleu, esta pasada fin de semana, as probas correspondentes ao Campionato Galego de Ciclocross organizado polo club porriñés Asociación Deportiva Avanza. A xélida mañá –o termómetro marcaba 0 ºC– non impediu que as e os deportistas celebraran unha auténtica festa do ciclocrós.

Os e as máis pequenas encargábanse de abrir unha xornada de puro espectáculo nun velódromo que se presentaba como un circuíto esixente que foi do agrado tanto dos amantes da lama coma aos da velocidade.

As cousas non podían ir mellor para os organizadores, a Asociación Deportiva Avanza que pechaba a xornada con catro medallas.

Iván Fernández e André Martínez, no segundo e terceiro posto, acompañaron ao gondomareño Ricardo Buba no podio Cadete Masculino

A ponteareá Uxía Soto conseguía subir o mais alto do podio e proclamábase campioa galega de Ciclocrós proclamándose  campiona galega de ciclocrós na categoría Cadete Femina, seguida da porriñesa Laura Mira integrante do Club Ciclista Redondela.

Na categoría Cadete Masculino, Iván Fernández e Andre Martínez conseguían subir o segundo e terceiro posto de podio, mentres que na categoría Máster 40, Xacob Agra, corredor do club Master da Louriña e membro dirección deportiva  da escola de ciclismo Avanza, acadaba a segunda posición.

Luis Fernández, director deportivo da Escola de Ciclismo, medalla de prata na categoría Élite

Finalmente, na categoría Elite, Luis Fernández, director deportivo da Escola de Ciclismo, conseguía a medalla de prata.