11.1 C
Pontevedra
Xoves, 25 de Abril de 2024
Máis
    HomeLouriñaO PorriñoA alcaldesa do Porriño expulsa do Pleno ao voceiro do PP "por...

    A alcaldesa do Porriño expulsa do Pleno ao voceiro do PP “por reiteradas interrupcións” e os populares a acusan de actitude “irrespectuosa”

    A alcaldesa, Eva García expulsou ao voceiro municipal do PP, Alejandro Lorenzo da sesión telemática que celebraba no serán de onte a corporación local porriñesa. Segundo a versión da Alcaldía, o edil do Partido Popular, Alejandro Lorenzo, “foi reprendido e finalmente expulsado do pleno despois de interromper o debate en reiteradas ocasións”. O PP, pola súa banda asegura que Lorenzo foi expulsado “por intentar exercer o seu dereito a que un punto da orde do día quedara sobre a mesa”.

    Non é a primeira vez que Eva García de la Torre e Alejandro Lorenzo protagonizan un enfrontamento no decurso dun Pleno pero ata o de agora, nunca tiña acusado a alcaldes do Porriño ao voceiro popular de “permanente boicot ás palabras do resto de Corporación”. Segundo a versión do grupo de Goberno, o portavoz do PP, “interrompeu en varias ocasións á alcaldesa; ao tenente de alcalde, Pedro Pereira e, ao secretario municipal”.

    O episodio aconteceu durante o debate do cuarto punto da orde do día. O PP pretendía un voto particular ou no seu defecto deixar enriba da mesa a revisión de oficio que postulaba o Goberno municipal dun acordo adoptado nun Pleno en agosto cúa nulidade estaba avaliada cos informes técnicos correspondentes, nomeadamente do secretario municipal.

    García de la Torre advertiu por varias veces ao voceiro da oposición ao que reprendeu por interromper o debate plenario ata que finalmente a alcaldesa determinou expulsar a Alejandro Lorenzo. Cando se someteu a votación o punto, o segundo voceiro do PP, Abel Estévez repetiu que demandaban que o asunto quedase enriba da mesa. Ante a negativa da alcaldesa, en base aos criterios dos técnicos municipais, a totalidade de concelleiros e concelleiras do Partido Popular abandonaron a sesión plenaria telemática.

    Actitude antidemodrática e irrespectuosa

    Os concelleiros do Grupo Municipal do Partido Popular do Porriño, aseguraron que o abandono da sesión plenaria viña dada “por unha grave vulneración dos seus dereitos como concelleiros por parte da Alcaldesa, Eva García de la Torre, que chegou a expulsar do pleno ao voceiro popular, Alejandro Lorenzo, para conseguir a maioría suficiente para revocar un acordo plenario”.

    Os populares porriñeses salientan que despois de silenciar en numerosas ocasións ao seu voceiro –tratábase dun pleno telemático– para impedir que expuxera os seus argumentos, “a rexedora expulsouno directamente da sesión, coa conducta dictatorial e soberbia que a caracteriza e co beneplácito dos seus compañeiros de partido, por reclamar o seu dereito a que se vote a súa petición de deixar un punto sobre a mesa ante a negativa infundada de Eva García”.

    Dende o grupo popular censuran duramente esta forma de actuar da Alcaldesa, e dos seus concelleiros, e amosan a estupefacción que sentiron “polo tono provocador, as faltas de respecto, a belixerancia e a violencia verbal da que fixo gala en todo momento Eva García de la Torre para dirixirse non só aos concelleiros do Partido Popular, senón ao grupo de EU SON”.

    O Goberno municipal levaba hoxe a pleno a revisión do acordo plenario adoptado no pleno do pasado 7 de agosto de 2020, onde por maioría a corporación acordou solicitar a revisión de oficio da facturación irregular do Concello do Porriño, o groso da mesma está a ser investigada no xulgado penal.

    Dende o principio, sempre segundo a versión do PP porriñés, “a rexedora amosou a súa oposición a que se revise esta facturación e se cumpla o acordo valendose de contínuos subterfuxios legais e amenazas que non foi quen de materializar”.

    “Primeiro anunciou que recusaba a un concelleiro do PP para impedir que emitira o seu voto, non foi así –denuncian os populares–, nun segundo intento levou a Pleno a solicitude de revogación do acordo plenario, non o conseguiu. E hoxe, nun terceiro intento de impedir que se investigue se esa facturación é acorde aos prezos de mercado ou se se realizaron os traballos que pretende pagar, levou a pleno a revisión de oficio do acordo plenario, amparándose en que se trata dunha disposición administrativa e non un acordo plenario”.

    “A alcaldesa pide a revisión do acordo plenario invocando que se trata dun acordo nulo alegando que se trata dunha disposición administrativa. Non é así, un acordo plenario non é unha disposición administrativa”, matiza o portavoz popular Alejandro Lorenzo.

    “A belixerancia que mostrou hoxe Eva García, os seus insultos e descalificacións non son máis que o produto do seu nerviosismo ante a imposibilidade de escapar da rede de mentiras coa que pretende eludir a responsabilidade da súa xestión”, continúa Lorenzo, “Aquí non estamos a falar de meras irregularidades como pretende facer creer a xente, nin de bloqueos políticos. Estamos a falar de corrupción. Falamos de prevaricación, de tráfico de influencias ou de falsidade documental. De iso falamos e iso é o que a xente merece saber”.

    Lorenzo concluíu condenando duramente a actitude antidemocrática da rexedora lembrandolle que “cando nos cala aos concelleiros do Partido Popular, está calando a miles de porriñeses aos que representamos. Cando nos insulta, está insultando ao grupo maioritario da poboación á que representa. E con todo, non o vai a conseguir”.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.