A concelleira de Medio Ambiente mosense, Laura Méndez, informou de que o vindeiro luns aprobarase en Pleno unha Modificación da Ordenanza de Medio Ambiente en materia de recollida de lixo para regular o horario do depósito de desperdicios nos contedores por parte da veciñanza, en aras de evitar acumulación e xeración de malos olores.
Esta modificación da ordenanza municipal de medioambiente que concierne á modificación do artigo 187 ten que ver coa regulación horaria do depósito do lixo no contedor.
Así “estipularase un horario delimitado, co fin de evitar a acumulación de lixo que provoca malos cheiros durante as horas centrais do día coincidente coas cada vez máis elevadas temperaturas, recollendo unha reiterada demanda exposta polos veciños, de zonas urbanas pero tamén do rural. Esta medida quérese englobar dentro dun ambicioso plan de comunicación que se vai a levar a cabo desde o Concello en colaboración coa empresa que xestiona a recollida de lixos pois, é a nosa obriga transmitir aos veciños as mensaxes e a concienciación que resulten precisos para alcanzar os obxectivos ademais de establecer os criterios, normas e mecanismos de funcionamento”, declarou Méndez Senlle.
Os obxectivos desta medida son:
- Mellorar os hábitos e a redución da producción.
- A potenciación da recollida selectiva.
- O emprego dos servizos municipais de recollida de voluminosos.
- O uso responsable dos contedores.
“Para iso faise necesaria a corrección de determinados comportamentos de veciños e veciñas, esixe un cambio de mentalidade e dos costumes, así como unha participación activa dos mesmos, para o que deben estar perfectamente informados dos servizos existentes e o modo de utilizalos, en fin, trátase de fomentar o uso racional e cívico dos nosos servizos comúns en pos dun Mos más sostible, humano e limpo”, concluiu a concelleira.
Xestión de biorresiduos
Laura Méndez informou, así mesmo, da creación no orzamento de 2024 dunha partida para a xestión de biorresiduos. Xestión de biorresiduos que se levará a cabo mediante a instalación de contedores de fracción orgánica a ubicar nas zonas urbanas de Mos e composteiros para a distribuír entre a veciñanza das zonas rurais da localidade.
Todo elo irá acompañado dunha campaña de comunicación, divulgativa, didáctica e de concienciación, para o correcto uso do novo material, así como a sensibilización coa redución de residuos e o aumento da reciclaxe, o uso consciente e responsable dos recursos, e a responsabilidade cidadá tanto en materia medioambiental como de civismo e convivencia.
Por último a edil destaca que no orzamento municipal para o vindeiro ano 2024 entre Sogama e o Servizo de Recollida de Lixo acádase o 1,5 millóns de euros de gasto, cifra histórica que vén a demostrar, unha vez máis, a aposta decidida do Concello de Mos polo coidado medioambiental da súa contorna e a xestión adecuada dos residuos.