Mércores, 7 Maio de 2025

Mos pon en marcha o proxecto ‘Mos Peregrino’, un obradoiro dual de emprego cofinanciado pola Consellería de Emprego e Igualdade

Participarán 20 persoas desempregadas do municipio ao longo de 9 meses

Este proxecto, denominado, “Mos Peregrino” ten como finalidade a posta en valor do patrimonio municipal e etnográfico existente no municipio, e máis concretamente, o trazado do Camiño de Santiago Portugués ao seu paso polo concello de Mos e a súa zona de influencia.

A mellora destes entornos favorecerá a dinamización do Camiño de Santiago, sendo un foco importante de posta en valor da promoción turística e acercamento ao peregrino.

A concelleira delegada de promoción económica e emprego, Julia Loureiro Campo, destaca a prioridade do proxecto en enfocar as obras de acondicionamento e revalorización, ao desenvolvemento de ocupacións orixinariamente tradicionáis, pero que as novas técnicas e propostas de materiáis, así como a relevancia que está adquirindo a restauración e rehabilitación do patrimonio, fan destas ocupacións unha fonte de emprego nos próximos anos.

Por elo, o alumnado-traballador se formará en especialidades formativas, tales como:

  • Edificación e Obra civil: Albanelería e colocación de pedra.
  • Madeira: Traballo de carpintería e moble, Mecanizado de madeira e derivados.

As actuacións que se desenvolverán unidas á formación certificable que se lles dará ao alumnado desenvolveránse nos espazos públicos ao longo do Camiño de Santiago, incidindo na sinalización, mobiliario urbano, obras de acondicionamento e embellecemento do Camiño.

Ao remate da actividade do Obradoiro dual de emprego, o Concello de Mos desenvolverá un programa de inserción laboral das persoas participantes no Obradoiro, e través de incentivos á contratación por conta allea durante un mínimo de 3 meses a xornada completa en empresas que o soliciten na convocatoria destas axudas, que terá lugar antes do remate do Obradoiro. A selección do alumnado do Obradoiro e do equipo directivo realizaráse nas vindeiras semanas e prevése o inicio do mesmo a fináis do mes de decembro.