Sábado, 3 Maio de 2025

O “Trail do Aloia” acelera o pulso dos atletas

“Que prova tan bonita, felicidades pola organización e ou percorrido” foron as primeiras palabras de Brais Otero, flamante do vencedor do “ Trail do Aloia” que se celebrou esta fin de semana no concello de Tui.

A verdade é que se daban as condicións idóneas para que a carreira fose un auténtico éxito: o sol lucía desde moi cedo na “Macoca”, escenario da saída e chegada da proba. A listaxe de rexistrados era amplo, case medio milleiro de participantes, e o escenario “impresionaba” cunha paisaxe outonal que daba ganas de correr tan só botar unha ollada á contorna.

Ás 10.30 horas, o coñecido presentador Terio Carrera, daba saída a eses 15 quilómetros de “trail”, 9 de dura subida ata a famosa Cruz Do Aloia, e 6 de empinadas baixadas, mesturadas con repechos “rompepiernas”
Tras 1:21:07, o mencionado atleta de Teo, Brais Otero, cruzada a liña de meta. En segunda posición chegaba Fran Salgueiro de Gondomar, ao cúal os quilómetros fixéranselle poucos, afeito máis “a participar en ultratrails”. O seu tempo de 1:22:38, non era nada malo, @teniendo en cuenta un par de caídas sufridas. O podium masculino completábao Sebastián Reboreda, de Mondariz, con 1:23:06. Só este terceto foi capaz de baixar de 1 hora e 25 minutos.

[su_image_carousel source=”media: 48361,48360,48359,48358″ crop=”5:4″ link=”lightbox” autoplay=”0″]

No apartado feminino, a proba foi dominada pola atleta de Vila de Cruces, Patricia Varela, quen con 1:44:52 impoñíase con autoridade á Gondomareña Diana Domínguez, 1:47:30, seguida moi de preto pola participante chegada do punto máis afastado da Península, a valenciana de Manises, Elena Rosell, que parou o crono en 1:47:50.

Un rosario de atletas de distintas idades foron chegando a meta, a maioría coa satisfacción de lograr superar o reto; outros co rostro un pouco desencaixado polo esforzo realizado.
Iso si todos destacaron o bonito do percorrido, que lles permitiu coñecer lugares tan pintorescos do parque natural do Monte Aloia.

Tras máis de tres horas e corenta e cinco minutos, parábase o crono coa chegada da última participante.

Lembrar que esta carreira foi organizada pola empresa Noko 360, patrocinada pola Eurocidade Tui – Valença, e subvencionada polo Fondo Europeo de Desenvolvimiento Rexional, Interreg España – Portugal.
Ademais contou coa colaboración de Protección Civil de Tui, e distintas firmas comerciais.

O Trail do Aloia foi o segundo capítulo da Pontevedra Trail League, que terá a súa terceira e definitiva proba, o próximo 21 de Novembro co “Trail do Tegra”.