No día de onte tivo lugar o VIII TRAIL DESAFÍO DE OIA, nunha paraxe espectacular e, tras un ano no que non se puido realizar tal e como se fixo ata a data por motivos relacionados coa Covid, este ano volveron ás orixes.
Trail maratón de 37 km, un trail de distancia media de 21 km e o mini trail de 12 km, ademais dunha andaina de 13,5 km polos montes de Oia con saída desde o Mosteiro de Oia e meta no mesmo lugar.
O evento organizado polo Club Marqués de Vizhoja-Cornelios contou con 588 corredores repartidos nas catro categorías deportivas, volvendo así ás orixes e vendo que, a pesar de ser un ano diferente, volveuse a organizar un evento con multitude de corredores que queren gozar dunha carreira durísima, pero cunha satisfación enorme unha vez pasada a liña de meta.
Continúan mantendo todas as medidas Covid que se esixen a nivel organizativo e outras de sentido común, para iso a saída tivo lugar escalonadamente, ás 8:00 da mañá saíron os corredores do Trail de 37 km, posteriormente ás 9:00 saíron os corredores que se disputaron a vitoria no Trail de 21 km e por último saíron os corredores do Trail de 12 km e os participantes da andaina todos eles tomaron a saída desde O Mosteiro de Santa María de Oia.
Ás 08:00 horas tivo lugar a saída do Trail de 37km. Este ano volveuse a proponer un percorrido bastante duro polos máis altos e bonitos montes de Oia, como viña sendo habitual ata o pasado ano.

Finalizando o percorrido de 37km o pódium queda como segue:
MASCULINO
- 1º POSTO: MARCOS ANTONIO PASCUAL FIDALGO do Club Castro Trail
- 2º POSTO: JOSÉ MARTÍN FONTÁN ARNEJO do Club GMTA& CHUVONER
- 3º POSTO: DANIEL PAZO GIRÁLDEZ DO Club Atletismo Baiona
FEMININO
- 1º POSTO: OLALLA CONDE SEOANE do Club GTR-GALAICO TRAIL RUN
- 2º POSTO: RAQUEL DOIRO GONZÁLEZ do Club GMTA& CHUVONER
- 3º POSTO: CRISTINA COUTO GONZÁLEZ do Club GTR-GALAICO TRAIL RUN
Ás 09:00 horas tivo lugar a saída do Trail de 21km. Este ano volvemos recuperar todas as modalidades e por tanto a distancia de 21 km pasa a ser o percorrido medio, con gran parte do percorrido compartido cos corredores do Trail de 37Km.
Finalizando o percorrido de 21 km o pódium queda como segue:
MASCULINO
- 1º POSTO: DANIEL MARTÍNEZ PUERTAS
- 2º POSTO: FICO LOSADA CONDE do club Castro Trail
- 3º POSTO: RUBÉN INSÚA DÍAZ, do club Vértice Club de Montaña
FEMININO
- 1º POSTO: SILVIA CASAL do Club GMTA& CHUVONER
- 2º POSTO: MARÍA FERREIRO PÉREZ do Club GMTA& CHUVONER
- 3º POSTO: ALBA REY PENELAS do Club A.D. JARNACHAS
O Mini-Trail 12km toma a saída ás 10:00 cun percorrido deseñado para iniciarse no mundo da carreira de Montaña.
Finalizando o percorrido de 12km fórmase o seguinte pódium:
MASCULINO
- 1º POSTO: DARÍO ARIAS COSTAS do club Athletics Fisioterapia San Lázaro
- 2º POSTO: JAVIER RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ do club Aviva Sport
- 3º POSTO: JOSÉ FELIPE GONZÁLEZ ÁLVAREZ
FEMININO
- 1º POSTO: GLORIA GALIÑA PRADO do club Running Sport Trail Ourense
- 2º POSTO: XANA RODRÍGUEZ GARCÍA
- 3º POSTO: CAROL OTERO ALONSO
Este ano contouse coa presenza do Presidente da Federación galega de carreiras de Montaña así como da secretaria do mesmo organismo e coa alcaldesa de Oia e o concelleiro de Deportes para a entrega de premios, onde se premiaron independentemente dos trofeos entregados polo club as medallas correspondentes aos primeiros de cada categoría que puntuaba para a Copa Galega de Carreiras de Montaña.
Por todo iso o club quere dar as grazas a todos os participantes e rexistrados por non faltar á emblemática cita.