14.1 C
Pontevedra
Venres, 26 de Abril de 2024
Máis

    Tag: envellecemento activo

    Nigrán retoma os cursos de envellecemento activo

    O Concello de Nigrán retomou esta semana os cursos de envellecemento activo despois das vacacións de verán. En total, participan 170 maiores do municipio (cifra récord) nas diferentes actividades ofrecidas no Centro da Terceira Idade de A Ramallosa e, por vez primeira, tamén no Local Social de Vilameán .

    Nigrán abrirá o prazo de inscrición do programa ‘Envellecemento activo’

    O Concello de Nigrán abre do 17 ao 19 de Xaneiro o prazo de inscrición para os tres cursos do programa ‘Envellecemento activo’: Informática básica (martes ou xoves en horarios de mañá, 40 prazas), ‘Talleres de Memoria’ para previr o deterioro cognitivo (martes ou xoves en horarios de tarde, 60 prazas) e ‘Vivilo Corpo’.

    O Concello de Nigrán despide os cursos de ‘Envellecemento activo’ ata o mes de setembro

    O Concello de Nigrán despide ata o mes de setembro os cursos de ‘Envellecemento activo' que 130 veciños maiores están a realizar no Centro da Terceira Idade da Ramallosa ('Informática básica', ‘Memoria’ para previr o deterioro cognitivo e ‘Vivilo Corpo’, dirixido a potenciar as capacidades motoras a través de exercicios de movemento e coordinación).

    Os cursos de prevención do deterioro cognitivo e benestar físico de maiores de Nigrán arranca con 131 persoas inscritas

    O Concello de Nigrán iniciou esta semana coa totalidade das prazas cubertas (131 inscritos) o programa integral para a prevención do deterioro cognitivo e benestar físico e emocional dirixido a maiores de 60 anos e pensionistas empadroados no municipio. Nesta nova edición o Concello de Nigrán ofrece cinco talleres para exercitar a memoria con 60 persoas participantes, dous talleres de 'Vivilo Corpo' con 28, e finalmente, tres de informática con 60 veciños.

    «Envellecemento activo e patrimonio» nova proposta do Concello de Oia para as persoas maiores

    O Concello de Oia programa unha nova proposta para as persoas maiores do municipio, neste caso un obradoiro sobre envellecemento activo e patrimonio, unha actividade que trata de combinar actividades lúdicas, participativas, de reforzamento da autoestima e da autonomía persoal co aproveitamento e compilación dos coñecementos arredor do patrimonio que posúen as persoas maiores de Oia.

    Andaina en Nigrán con motivo do Día Internacional das persoas maiores

    O Concello de Nigrán celebra este martes 1 de outubro o 'Día Internacional das Persoas Maiores' promovido dende a OMS cunha andaina pola Foz (A Ramallosa). A xornada arrancará ás 10:30 horas na Alameda de San Campio, na Ramallosa, onde a monitora Pilar Husling dirixirá ás 10:45 horas unha actividade física

    Tomiño pon en marcha ‘Reactívate’ con máis dunha ducia de actividades de envellecemento activo

    Mellorar a calidade de vida das persoas maiores con actividades que favorezan a participación social e o mantemento de facultades físicas e psíquicas. Ese é o obxectivo do programa de maiores Reactívate, un plan de envellecemento activo e de hábitos saudables posto en marcha pola concellería de Benestar Social, Igualdade e Educación do Concello de Tomiño.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.