17.5 C
Pontevedra
Venres, 4 de Outubro de 2024
Máis
    HomeBaixo MiñoA GuardaÚltimos días de inscricións para o obradoiro “as abellas e as aromáticas”...

    Últimos días de inscricións para o obradoiro “as abellas e as aromáticas” deste venres na Guarda

    O Concello da Guarda continúa a terceira edición do ciclo “Sostendo o Futuro” coa finalidade de tomar conciencia en torno aos valores de sostebilidade e coidado da contorna.

    Este venres día 23 de xuño realizarase o Obradoiro “As abellas e as aromáticas”, especialmente dedicados a crianzas de entre 3 e 12 anos, que cunha duración aproximada de dúas horas realizaranse no Castelo de Santa Cruz ás 17:30 h. As inscricións están abertas no 986 61 0000 ou en medioambiente@aguarda.es e aínda hai prazas dispoñibles ata completar o aforo.

    Xa no mes de xullo, o  día 9, terán lugar os “Baños en natureza”, unha actividade para adultos e crianzas cunha duración aproximada de hora e media que terán lugar no Monte Santa Trega ás 18:30 h.

    Tamén en xullo, o día 21, realizarase na Xunqueira de Salcidos a actividade “Bolboretas nocturnas”, unha actividade cunha duración aproximada de entre tres e catro horas que arrancará ás 21:15 h.

    Dende a Concellería de Medio Ambiente do Concello da Guarda convídase a toda a cidadanía a participar nestas actividades programadas baixo a segunda edición de “Sostendo o futuro”.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.