O Concello da Guarda, a través da Concellaría de Desenvolvemento Local remata neste mes de abril a oferta de accións formativas gratuítas dirixidas comercio, hostalería e empresas da vila.
As accións formativas de “Especializacción” contan cun total de 5 obradoiros, que foron os que espertaron maior interese polos diferentes profesionais do comercio, hostalería e empresas da vila nunha enquisa que se realizou entre todos eles.
Estes obradoiros están enmarcados na campaña de apoio a o comercio e hostalaría local, iniciada xa no ano 2021.
Este martes día 11 de abril terá lugar o penúltimo obradoiro de “EspecializAcción” en horario de 20:30 h a 22:30 h da man do Community manager Jorge Alonso Daldea, que tratará sobre Publicidade en Facebook e Instagram. As prazas están xa cubertas.
E para rematar as primeiras accións formativas de “EspecializAcción” desta primeira parte do ano 2023, na xornada do 18 de abril en horario de 20:30 h a 22:30 h terá lugar na Casa dos Alonso o Obradoiro de Posicionamento SEO para páxinas web e tendas online, impartido por Jorge Alonso Daldea.
Aínda quedan prazas libres para o obradoiro do 18 de abril, polo que todos os empresarios poden aínda realizar unha inscrición previa chamando ao 986610000 ou remitindo un correo electrónico a [email protected], ata dous días antes da acción formativa ou ben ata completar o aforo.