22.6 C
Pontevedra
Xoves, 28 de Setembro de 2023
Máis
    HomeBaixo MiñoA GuardaRemata o ciclo de barferencias 2023 na Guarda cunha charla adicada á...

    Remata o ciclo de barferencias 2023 na Guarda cunha charla adicada á muralla do castros

    O relatorio “A muralla dos castros. Modelos, reconstruccións e interpretacións” porá o peche ao ciclo de bareferencias 2023 que tivo a divulgación do patrimonio como eixo central. A charla correrá a cargo de Luis López González, arqueólogo responsable da recente reconstrucción na porta da muralla do castro de Santa Trega. Doutor en arqueoloxía pola Universidade Complutense de Madrid , Luis F. López é un dos maiores expertos en arquitectura castrexa, tendo excavado en castros tan senlleiros como San Cibrán de Las, Elviña, Castromaior, Cervantes. Así mesmo, no castro de Santa Trega fora o responsable da restauración no sector de Mergelina.

    No relatorio do venres, Luis F. López falara dos sistemas constructivos empregados nas murallas dos castros, prestando atención aos accesos como os lugares máis detacados dos castros, onde por tanto se realiza unha maior inversión constructiva, entendendo o funcionamento do acceso ao Castro de Santa Trega dentro dos modelos defensivos do mundo castrexo.

    A última barfererencia 2023 terá lugar no restaurante Casa de la Abuela o venres 2 de xuño ás 20:30 horas.

    LIBROS

    Alberto Mancebo, «O que me quedaba por dicirche»

    Poderiamos afirmar que nos últimos meses algo se está a mover na literatura galega pola aparición de novos autores que nos sorprenden gratamente pola frescura das súas propostas.

    Antón Riveiro Coello, «Hotel Carioca»

    Antón Riveiro Coello volve a demostrar a súa rara habilidade para a construción de historias nas que xoga a mantenta coas personaxes e mais co lector.

    Branca Novoneyra, «As cunchas baleiras»

    Logo dunha longa década de escrita íntima e de reflexión, Branca Novoneyra decide facer público un novo poemario de clara vocación estética e simbólica como é «As cunchas baleiras», que ela mesma concibe como unha «antoloxía» dos versos que saíron da súa pluma ao longo de todo este tempo.