3.5 C
Pontevedra
Mércores, 6 de Decembro de 2023
Máis
    HomeBaixo MiñoA GuardaRegresan as saídas de navegación co 'Volanteiro Piueiro' no verán da Guarda

    Regresan as saídas de navegación co ‘Volanteiro Piueiro’ no verán da Guarda

    O prazo de inscrición abrirase o domingo anterior ás saídas desa mesma semana

    No ano 2019 a Asociación Cultural de Embarcacións Tradicionais Piueiro da Guarda presentou o Volanteiro Piueiro tras meses de traballo no estaleiro do Pasaxe para construír esta gran embarcación que navegou a vela pola nosa costa ata comezos do s.XX.

    O Concello da Guarda colabora un ano máis coa Asociación Piueiro e durante os meses de verán vanse ofrecer saídas gratuítas de navegación pola costa co Volanteiro Piueiro para aqueles que queiran descubrir esta embarcación a vela que incluirá ademais de navegación polo exterior do porto.

    Ademais do patrocinio das saídas, o Concello da Guarda xestionará as reservas das saídas a través da Oficina de Turismo (Praza do Reló) que conta cun horario de apertura de luns a domingo.

    O prazo de inscrición abrirase o domingo anterior ás saídas desa mesma semana e poderase realizar presencialmente na Oficina de Turismo, mediante mail aguarda.oficina.turismo@gmail.com ou chamando ao teléfono 986 61 45 46 a partir das 10:00 h, horario de apertura do domingo.

    Debido ao número reducido de prazas dispoñibles unha persoa poderá inscribir a un total de catro, excepto as unidades familiares. A idade mínima para participar é de 10 anos. Recordase que é preciso estar 15 minutos antes da saída no peirao do porto (escaleiras do muelle alto) e a saída terá unha duración aproximada de 45 minutos.

    Estas saídas de navegación comezaron esta pasada fin de semana coincidindo da Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira.

    Os horarios previstos das saídas diarias son 17:00 h, 18:00 h e 19:00 h e das datas previstas segundo semana son:

    • Xullo
      • Martes 4
      • Venres 7
      • Mércores 12
      • Sábado 15
      • Martes 18
      • Venres 21
      • Mércores 26
      • Sábado 29
    • Agosto
      • Mércores 16
      • Sábado 19
      • Martes 22
      • Venres 25
      • Mércores 30
    • Setembro
      • Mércores 6
      • Sábado 9
      • Martes 12
      • Sábado 15

    LIBROS

    Amador Castro Moure, «Pronto hei de volver»

    A emigración, como non podía ser doutra maneira, é un deses temas aos que a literatura galega volve unha e outra vez. Dende distintas perspectivas e con diferentes enfoques e intencións, forma parte troncal do noso sistema literario dende o momento en que comezou a tomar forma.

    Xosé M. Eyré, «Ou as dúas estaredes mortas»

    Moito temos falado neste mesmo espazo dos cada vez máis difusos lindes entre xéneros literarios; de como novela e relato –tamén a poesía ou o teatro– semellan lidar pola posesión de espazos que tradicionalmente lles eran alleos e que pretenden converter en propios, alimentando así unha fusión que, no fondo, non deixa de ser a procura de novas vías de expresión aínda non transitadas.

    Raquel Castro, «Sobremesas sobre versos»

    Dende fai xa varios anos, Raquel Castro é unha das habituais na literatura infantil galega, pero a maioría dos seus traballos publicados enfocábanse cara ao mundo do teatro para nenos, onde deixou pezas de excelente facturación.