18.5 C
Pontevedra
Sábado, 20 de Abril de 2024
Máis
    HomeBaixo MiñoA GuardaOs Reis Magos visitaron A Guarda

    Os Reis Magos visitaron A Guarda

    Fixeron un percorrido en vehículos clásicos polas principais rúas e barrios da vila

    Despois da súa visita á Residencia Santa Tecla na xornada do martes 4 de xaneiro, o pasado mércores día 5 de xaneiro os Reis Magos voltaron á Guarda para realizar un percorrido polas principais rúas e barrios da vila.

    Seguindo o programa previsto os Reis Magos foron recibidos polo alcalde ás 17:30h na Praza do Reló, dende onde saíu a comitiva real para visitar as principais rúas e barrios da vila, escoltados pola Policía Local e o GES.

    No seu percorrido visitaron o Castro, a Proba, Pintán, A Gándara, Saa, Camposancos, O Porto da Guarda, rematando a súa visita á Guarda na Alameda. Foron moitos os nenos e nenas da vila que saíron á rúa para ver ás súas maxestades de oriente, nunha xornada de moita ilusión para os máis pequenos.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.