A xa tradicional 15K del Atlántico Banco Mediolanum chega a súa novena edición, consolidándose como unha das probas de referencia no calendario do atletismo galego.
O martes presentouse a novena edición da 15k del Atlántico – Banco Mediolanum, nun entorno único por onde pasará a proba o próximo 23 de outubro, a Explanada do Horizonte, en Portecelo, O Rosal.
A proba deportiva referente do running galego que reunirá este ano ao redor de 600 corredores na 15k categoría e 200 na categoría de andaina, empregando parte do percorrido do Camiño Portugués da Costa que conduce a Santiago.
O inicio da proba da carreira será el día 23 ás 11:00 horas dende o Campo de fútbol de Oia, con chegada ao Porto da Guarda. No caso da andaina, a saída será dende o mesmo lugar pero ás 10:00 horas.
A organización disporá dun servicio de autobús antes e despois da proba.
A presentación contou coas intervencións de:
Cristina Correa, alcaldesa de Oia, que destacou na súa intervención o gran impulso para a localidade dun evento así, cunha alta participación.
Anxela Fernandez, alcaldesa do Rosal, coincidía coa súa homóloga e destacaba a visibilidade que ten un evento onde acode máis dun 90 % de participantes de fora da comarca.
Antonio Lomba, alcalde da Guarda, comentaba que o gran impacto que ten a proba dende fai xa 9 anos vese reflexado nos negocios locais durante toda a fin de semana.
Pola súa parte, Ivonne Pousa, responsable de Banco Mediolanum zona norte, comentaba a importancia da proba para a entidade, onde cada ano ten unha maior difusión, non só nacional, incluso en Portugal, así como a importancia da unión do deporte coa solidaridade e os valores que todo elo conleva.
A proba conta cunha parte solidaria, onde doarase un euro de cada inscrito a DOWN VIGO, así como a apertura dunha fila 0 en MI GRANO DE ARENA, para intentar recadar unha maior cantidade de recursos para dita asociación.
As inscricións seguen abertas ata o 19 de outubro na web oficial do evento https://bancomediolanum15kseries.com/.