Sábado, 3 Maio de 2025

O indie rock chaga este sábado á Guarda da man de «Inertes»

O concerto, que terá lugar ás 20 horas na Praza do Reló, forma parte da programación de Nadal 2019/2020 do Concello da Guarda

Este sábado día 28 de decembro ás 20:00 h a Praza do Reló acolle o Concerto do grupo ‘Inertes’, enmarcado na Programación de Nadal 2019/2020. No caso de que as condicións meteorolóxicas foran adversas, o concerto trasladarase ao Centro Cultural con entrada libre ata completar o aforo.

‘Inertes’ é un grupo vigués que non pasa desapercibido alá por onde deixa pegada coa súa música nos escenarios a nivel nacional. O seu terceiro e último traballo é un disco con alma de directo e tal e como eles mesmos o definen, un “discometraxe” formado por 10 temas de composición propia plasmando todas as influencias que tiveron nos últimos anos, tanto no campo musical como no emocional, e sempre moi ligado á imaxe cinematográfica. ‘Zona16mm’ é este traballo que lles ten levado por salas de todo o país, ofrecendo máis de 30 concertos na súa pasada xira de 2017.

Co son das súas guitarras en primeiro plano, atrévense a probar novos esquemas de cancións cheas de matices e inesperados contrastes, que terán a ocasión de gozar este sábado na Guarda veciñanza e visitantes.