Sábado, 3 Maio de 2025

O Concello da Guarda informa do prazo de consulta pública do Rexistro Municipal de Asociacións

O Concello da Guarda informa dos prazos para a consulta pública na que se solicitará a opinión dos suxeitos e as organizacións mais representativas afectados pola futura norma, con carácter previo á aprobación do Regulamento do Rexistro Municipal de Asociacións do Concello da Guarda.

A consulta pública estará aberta dende o día 20 de xullo de 2020 ata o día 31  de xullo de 2020, os eventuais interesados poderán participar remitindo as súas contribucións na sede electrónica do concello: https://aguarda.sedelectronica.gal/

Se trata de establecer o marco xurídico regulador do Rexistro Municipal de Asociacións, como instrumento que permita recoller documentalmente a realidade do tecido asociativo e de participación colectiva, dentro do marco territorial do Concello da Guarda, para coñecer a situación real das asociacións existentes, definir as liñas que impulsen a consolidación dun tecido social organizado e moderno que busque vías e se axuste mellor aos intereses dos cidadáns de hoxe, para participar e actuar nos asuntos que lles preocupan.

Para a  creación do Rexistro Municipal de Asociacións no Concello da Guarda fai necesaria a aprobación dun regulamento que estableza o seu contido, finalidades, dereitos e obrigas das asociacións que soliciten a súa inscrición, así como fixar o seu obxecto, que será permitirlle ao Concello da Guarda coñecer o número de entidades existentes no municipio, os seus fins, representatividade e incidencia, para os efectos de posibilitar unha política municipal adecuada que contribúa a fortalecer o tecido asociativo do noso Concello.

Respecto da súa oportunidade, a ausencia dunha regulación municipal sobre a materia  fai recomendable o inicio da tramitación do procedemento de aprobación do regulamento, para regularizar a situación obxecto do mesmo e que se poida cumprir a finalidade do Rexistro Municipal de Asociacións.