11.5 C
Pontevedra
Mércores, 12 de Maio de 2021
Máis
    HomeBaixo MiñoA GuardaO Concello da Guarda felicita ao Clube de Xadrez Albatros polo ascenso...

    O Concello da Guarda felicita ao Clube de Xadrez Albatros polo ascenso á primeira división autonómica

    O Concello da Guarda, a través da Concellería de Deportes que dirixe Montserrat Magallanes, quere facer un recoñecemento público ao Clube de Xadréz Albatros por ter acadado un importante logro deportivo como é o ter logrado o ascenso á Primeira división autonómica.

    O  Xadrez Albatros ten a súa orixe hai case vinte e cinco anos nunha cafetería que lle deu nome, nun autobús que lle deu forma e dunhas persoas inquietas por este deporte. A cafetería é o Albatros, o autobús e o que sae tódolos días da Guarda cara Citroën e os xogadores, uns amigos entorno un café.

     Posteriormente, estes veciños da vila decidiron formar un club de xadrez. Tiñan ideas, tiñan desexos, pero o que máis lles sobraba era ilusión e ter a sorte de aparecer un xogador que emigrou dende Rusia ata Galicia por motivos laborais. Iso foi o espoldrarao definitivo ó proxecto. Dita persoa aportou uns coñecementos que descoñecían os seus fundadores. Coñecementos que hoxe quedarían obsoletos e de nivel incipiente, pero deu certa credibilidade a idea e permitiu o desenvolvemento do proxecto coa aprobación duns estatutos, creación dunha xunta directiva e a incorporación e alta nos organismos competentes. Acababa de nacer a Asociación Cultural e Deportiva Albatros de mans do seu presidente Vladimir Stoujinski (ano 1995).

    No ano 2000 créase a Escola de Xadrez Albatros, despois de varios intentos previos que non acadaron continuidade no tempo. Comeza o ensino do xadrez a partir dun pequeno grupo de rapaces onde se promove o aprendizaxe do xogo e a participación en Torneos infantís. Torneos que foron o embrión de todo o que hoxe acontece. Constituísen uns equipos federados que participarán na Liga de Clubs Galegos  na Terceira División Rexional, e Cuarta División. Tamén debemos subliñar que a Escola de Xadrez Albatros tivo a súa evolución; Novos profesores aportaron estudos e estratexias na concepción de aperturas e unha mellora substancial neste deporte.

    Hoxe, estes “nenos” teñen preto de vinte e cinco anos, xogaban en segunda división que tras tocar cos dedos varias veces esa categoría terminaban fracasando na derradeira xornada, agora con certa “facilidade” ascenderon á primeira División autonómica. Un éxito sen dúbida máis que salientable. Nestes intres, rapaces que “naceron” no club, son os responsables de ditas clases que xestionan baixo a súa responsabilidade trala supervisión da xunta directiva.

    Tódolos responsables do fito histórico de ascender á Primeira División Autonómica ó club Albatros son os mesmos nenos que comezaron a xogar ó xadrez a principios do novo século, iso hai que salientar porque son da vila, non fichaxes exteriores.

    Ter un equipo en primeira división autonómica para una poboación coma a da Guarda debe ser motivo de envexa e orgullo porque non moitas vila poden dicilo, e se enriba todos os xogadores son antigos alumnos do Club, formados polo Albatros, e por extensión da Guarda, soamente se pode dicir : GRACIAS !!!

    Hoxe este club ten máis de corenta nenos en clase, máis de sesenta fichas federativas, e desenvolve cinco torneos anuais no contorno do Baixomiño cunha gran participación.

    XOGADORES QUE FIXERON ISTO POSIBLE: Javier Castillo, Sergio lomba, Germán Vilaplana, Daniel Lomba e Antonio Castro.

    COLABORACIÓNS

    Bea Sanfa, unha visión moi persoal de plans, receitas, viaxes e moito máis

    A día de hoxe podemos dicir que contamos no noso xornal cunha nova colaboración moi interesante e auténtica a cargo da soberina Bea Sanfa. Para nós é unha ledicia poder contar con esta sección que de seguro vos axudará nestes tempos que estamos a vivir.

    Nee Barros Fernández, «Identidade»

    «Identidade» é unha peza teatral que chega a nós como o primeiro traballo de Nee Barros, e nos presenta a un autor ao que haberá que prestar atención na súa andaina polas nosas letras. Poderiamos falar, de primeiras, de que é un texto preñado de sinceridade e rotundidade, pois o título é bastante contundente e, por se houbese algúnha dúbida, leva un subtítulo aínda máis aclaratorio: «A normalidade do non-común». E tal é o alicerce sobre o que se constrúe a súa historia: a revelación da normalidade na construción dunha identidade.

    Movimiento máster, deporte para todas las edades

    Hace unas semanas, la Liga Europea de Natación (LEN) emitía un comunicado en el que anunciaba que el Campeonato de Europa de natación máster quedaba definitivamente cancelado. Previsto inicialmente para la primavera de 2020, se había pospuesto a mayo de 2021 en previsión de que la situación epidemiológica en esta fecha fuese más favorable, pero la realidad ha acabado imponiéndose a los deseos de organización y participantes.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    4 POSTS0 COMMENTS
    Ángel Covelo
    6 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    1 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    38 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    30 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    1 POSTS0 COMMENTS