Sábado, 3 Maio de 2025

O autocoidado persoal vai a ser a temática do obradoiro “Quérome, Cóidome” organizado polo CIM da Guarda

O Concello  da Guarda a través do Centro de Información á Muller, pon en marcha este vindeiro 19 de abril o obradoiro “Quérome, cóidome” dirixido a mulleres maiores de 55 anos. Trátase dunha actividade de carácter práctico onde as participantes traballarán o autocoidado persoal durante as nove sesións de duración da actividade.

Traballaranse aspectos como o fortalecemento da autoestima, a toma de consciencia da súa valía, necesidades, habilidades e limitacións para afrontar o día a día máis seguras de si mesmas, máis empoderadas. As sesións serán dinámicas e abarcaran o autocoidado emocional, físico e o ocio e o tempo de lecer. Abrirase un espazo para compartir as experiencias e inquedanzas das mulleres traballando a igualdade de xeito transversal.

Os obradoiros serán os martes en A Gándara de 16:00 a 17:00, Camposancos de 17:30 a 18:30 e en Salcidos de 19:00 a 20:00. Para inscribirse hai que poñerse en contacto co CIM da Guarda no teléfono 986 614 648 ou no correo [email protected].