11.7 C
Pontevedra
Xoves, 25 de Abril de 2024
Máis
    HomeBaixo MiñoA GuardaO alcalde da Guarda visita a unidade móbil de coidados sociosanitarios “Porta...

    O alcalde da Guarda visita a unidade móbil de coidados sociosanitarios “Porta a Porta”

    O alcalde da Guarda, Antonio Lomba, a tenente de alcalde, Montserrat Magallanes e a concelleira de Igualdade, Fátima Rodríguez, visitaron esta mañá a Unidade Móbil de coidados sociosanitarios instalada no Campo de Fínola e que estará atao vindeiro mércores.

    Esta proposta da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Política Social, visitará os 14 municipios do sur pertencentes ás bisbarras do Baixo Miño, O Condado e A Paradanta ata finais do presente mes de maio, estando previstas dúas visitas máis.

    Estes servizos de sociosanitarios mediante unidades móbiles están pensados para achegar a atención as zonas rurais con dispersión poboacional. Plantéanse coma unha alternativa para evitar desprazamentos e levar achegar os servizos a cidadanía.

    Os representantes municipais estiveron conversando cos sanitarios que prestan o servizo na unidade móbil  interesandose polas características da campaña “porta a porta”. “Queremos saber como son os servizos e a atención que se presta na unidade móbil para poder informar correctamente a cidadanía que estes días nos pregunta por esta campaña” declaraba o alcalde.

    As consultas ofertadas consisten en revisións e valoracións auditivas; atención podolóxica para prevención, diagnose e tratamento das principais patoloxías dos pés; e realización de probas de valoración cognitiva ou exercicios de estimulación para a prevención de Alzhéimer e outras demencias neurodexenerativas.

    Para esta visita na Guarda da Unidade Móbil de coidados sociosanitarios, están xa todas as citas completas, máis información chamando ao número de teléfono 622 748 283 ou contactar a través do enderezo de correo electrónico coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.