Domingo, 4 Maio de 2025

Esgotadas todas as prazas para a primeira xornada de “Venres de xullo baixo as estrelas” na Guarda

O Concello da Guarda, a través do Departamento de Turismo, organiza “Venres de xullo baixo as Estrelas”, unha actividade de observación de estrelas que terá lugar os venres do mes de xullo.

As prazas para a primeira actividade, que terá lugar este venres día 2 de xullo, están xa esgotadas dende hai días.

A actividade terá lugar os venres 2, 9, 23 e 30 de xullo no Puntal (Camposancos) e as inscricións ábrense o luns previo a cada cita remitindo un correo electrónico a [email protected].

Os participantes coñecerán as principais constelacións do hemisferio norte, así coma a localización dos planetas e mesmo algúns datos de interese coma as datas das choivas de estrelas perseidas e gemínidas, ou coma orientarse no firmamento empregando algunhas estrelas.