Despois do acendido do alumeado de Nadal o pasado venres día 3 de decembro, a programación continúa este venres día 10 de decembro co Obradoiro “Reutilizando Envases” na Casa dos Alonsos ás 18:30h. Os obradoiros teñen prazas limitadas e as persoas interesadas deberán inscribirse na OMIX a través do mail informacion@aguarda.es ou no teléfono 986610000 ext. 7.
Tamén na xornada do venres 10 de decembro ás 21:00h o Centro Cultural acolle a peza de teatro musical “O Candil” da Escola Galega de Teatro Musical, baixo a dirección de Sara Fandiño.
O Candil, é unha comedia musical interactiva, con música en directo. Como recreación do pasado xénero ínfimo, comunmente espectáculo de cuplé, centra a súa historia na crítica de la moralidade presente (1919). O conflito moral, político, ideolóxico e relixioso condiciona a vida das tres mulleres protagonistas, que teñen pensamentos moi distintos e tratan de buscar un lugar puro e cordial que ocupar no mundo, cómpre dicir que sen ningún éxito. A temática central é así, a busca do propio ser ante os momentos de confusión e cambio da mentalidade global.
AXENDA DE NADAL
Venres 10 de decembro
- 18:30h Casa dos Alonsos: Obradoiro “Reutilizando Envases”
- Inscrición previa en Omix
- 21:00h Centro Cultural: TEATRO MUSICAL “O CANDIL”
- Reserva de entradas en eventbrite.es
Xoves 16 de decembro
- 20:30h Centro Cultural: CONCERTO DO CONSERVATORIO
Venres 17 de decembro
- 18:30h Casa dos Alonso: Obradoiro “Reutilizando Abelorios”
- Inscrición previa en Omix
Sábado 18 de decembro
- 12:00h Praza Avelino Vicente: CANTOS DE NADAL
- Coas pandereteiras Coiro Vello, Carainas, Paliqueiras e do Lusco ó Fusco
- 18:30h Casa dos Alonso: Presentación do Libro “Palabras como corpus prata”, de Joaquín Cadilla
- Acceso libre ata completar aforo
Domingo 19 de decembro
- 17:30h Igrexa Parroquial: CONCERTO DE PANXOLIÑAS
- Coa participación de Coral Polifónica de A Guarda, Coral da Terceira Idade, Grupo Antorcha e Coro Cantabile
- Organiza: Agrupación Polifónica da Guarda
Martes 21 de decembro
- 18:00h Praza do Reló: CONCERTO DE NADAL DE VENTO E CORO DOS ALUMNOS DO CONSERVATORIO
Do 22 ao 24 de decembro
- ELFOS DE NADAL polas rúas da Guarda
- Horario: 22 e 23 de 17:00h a 20:00h e o 24, de 11:30h A 14:30h
Xoves 23 de decembro
- De 16:00h a 19:00h Praza de Avelino Vicente: “GADALKA” a cargo do Mago Dani
- Espectáculo de maxia individualizada por familias
Martes 28 de decembro
- 18:00h Centro Cultural: “Little neno descobre a… Os Beatles”, de A Reixa Produccións
- Reserva de entradas en eventbrite.es
Mércores 29 de decembro
20:30h Centro Cultural
- “Ventos de Nadal”, grupos seccionais da Agrupación Musical da Guarda
Xoves 30 de decembro
- 18:00h Centro Cultural: TITIRICIRCUS, con Tanxarina Títeres
- Reserva de entradas en eventbrite.es
Do 3 ao 5 de xaneiro
- CARTEIROS DO NADAL polas rúas da Guarda
- Horario: 3 e 4 de 17:00 h a 20:00 h e o 5, de 11:30 h a 14:30 h
Martes 4 de xaneiro
- 17:30h Alameda: CIRCO RASNOVARAK, con Troula Animación
- Espectáculo de rúa con animais xigantes
Mércores 5 de xaneiro
- Visita dos Reis Magos con paseo polas principais rúas da localidade.
- Enlace para inscrición de eventos en eventbrite.es:
- https://www.eventbrite.es/o/concello-da-guarda-35370803503