10.2 C
Pontevedra
Venres, 29 de Marzo de 2024
Máis
    HomeBaixo MiñoA GuardaContinúa a programación do Nadal 2020 na Guarda con teatro, música e...

    Continúa a programación do Nadal 2020 na Guarda con teatro, música e moito máis

    Este venres a obra de teatro “Running polo Camiño” chega ao Centro Cultural, é preciso inscrición previa

    Despois da primeira semana de actividades da programación do Nadal 2020 na Guarda, na que se realizou o acendido do alumeado, o arranque do Mercado de Nadal, a charla de Fernando Rego e o Concerto de Helen & Shanna, chega a segunda semana de programación, con moitas actividades para todas as idades.

    O venres 11 de decembro a programación de Nadal prosegue coa representación teatral de “Running polo Camiño”, que terá lugar ás 20:30h no Centro Cultural. Para asistir a este evento é preciso formalizar unha inscrición previa no Centro Cultural da Guarda no 986 61 1850(en horario de 10:00h a 13:00h e de 17:00h a 20:00h) ou no enderezo electrónico culturaguarda@gmail.com.

    O sábado 12 de decembro ás 12:00h chega o momento dá música con “Cantos de Nadal”, un evento musical no que participan pandereteiras da vila, que amenizarán a Praza de Avelino Vicente con cántigas tradicionais e de nadal.

    Seguindo coas actuacións musicais, o xoves día 17 de decembro ás 17:00h na Praza do Reló, será a quenda do concerto do Coro Infantil do Conservatorio de Música Elemental de A Guarda. Para asistir a este evento é preciso formalizar unha inscrición previa no Centro Cultural da Guarda no 986 61 1850(en horario de 10:00h a 13:00h e de 17:00h a 20:00h) ou no enderezo electrónico culturaguarda@gmail.com

    O venres 18 de decembro ás 17:00h as rúas da Guarda encheranse dun divertido repertorio especial de Nadal con “O Belén de Pulpiño” do Pulpiño Viascón, para todos os públicos. Polas rúas da vila a partir das 17:00 horas.

    O sábado 19 de decembro ás 12:00h nova sesión de “Cantos de Nadal”, un evento musical no que participan pandereteiras da vila, que amenizarán a Praza de Avelino Vicente con cántigas tradicionais e de nadal.

    Tamén o 19 de decembro ás 17:30h o Centro Cultural será o escenario do Espectáculo de maxia “O Cinematólogo”. Emoción, recordos, risas e moita ilusión nos agardan neste novo espectáculo do noso mago infantil favorito. Para asistir a este evento é preciso formalizar unha inscrición previa no Centro Cultural da Guarda no 986 61 1850(en horario de 10:00h a 13:00h e de 17:00h a 20:00h) ou no enderezo electrónico culturaguarda@gmail.com

    O martes 22, mércores 23 e xoves 24 decembro “Os carteiros do Nadal” estarán polas diferentes rúas da vila para que os nenos e nenas entreguen as súas cartas(22 e 23 en horario: 17:00h a 20:00h horas e 24 en horario: 10:30h a 13:30h).

    O derradeiro evento do ano terá lugar o sábado 26 de decembro co Espectáculo infantil “Zona en obras” de Brais das Hortas. Contos, música, títeres, instrumentos con obxectos e moita interacción co público. O evento terá lugar no Centro Cultural ás 17:30 horas. Para asistir a este evento é preciso formalizar unha inscrición previa no Centro Cultural da Guarda no 986 61 1850(en horario de 10:00h a 13:00h e de 17:00h a 20:00h) ou no enderezo electrónico culturaguarda@gmail.com.

    Xa no mes de xaneiro o sábado día 2 de xaneiro o Centro Cultural acolle ás 17:30h a obra de Teatro Infantil “O Crebanoces” de Larraitz Urruzola. Unha representación teatral infantil e familiar, duns 60 minutos de duración, inspirada no conto de Hoffmann. No espectáculo emprégase a música que creou Tchaikowsky e está deseñado para ser interpretada tanto con formación musical como sen ela.

    Os “carteiros do nadal” regresan o sábado 2, luns 4 e martes 5 xaneiro ás rúas da Guarda(2 e 4 en horario: 17:00h a 20:00h e o 5 en horario: 10:30h a 13:30h)

    O Martes 5 xaneiro terá lugar a Visita dos Reis Magos, que farán un percorrido polas diferentes rúas da vila, onde as luces que se repartirán entre os nenos os guiarán dende os balcóns e ventás das vivendas da vila. As luces, de fabricación local, serán repartidaspara que os reis magos saiban onde teñen que deixar os agasallos, polo que teñen que deixalas nas fachadas das casas.

    Máis actividades na Programación do Nadal 2020 na Guarda

    •         MERCADO DE NADAL

    Na Praza de Avelino Vicente do 4 de decembro de 2020 ao 5 de xaneiro de 2021 coincidindo coa campaña de comercio e cultural adicada ao Nadal.

    •         ALFOMBRA FLORAL DE NADAL

    No hall da Casa dos Alonso, realizada en colaboración coa A.C  Alfombras da Guarda, sepode visitar en horario de 9:00h a 15:00h de luns a venres.

    •         AS XANELAS DO NADAL, concurso de decoración.

    Participa ata o 11 de decembro. Votacións do 14 ó 21 de decembro no facebook de @culturaguarda

    •         VIDEOCHAMADAS COS REIS MAGOS 

    3 e 4 de Xaneiro, pide o teu código de acceso web previamente no Centro Cultural antes do 23 de decembro no 986 61 1850(en horario de 10:00h a 13:00h e de 17:00h a 20:00h) ou no enderezo electrónico culturaguarda@gmail.com

    PROGRAMACIÓN AXENDA DE NADAL:

    DECEMBRO

    VENRES 11 DECEMBRO

    Teatro “Running polo Camiño”

    No Centro Cultural ás 20:30 horas (inscrición previa)

    SÁBADO 12 DECEMBRO

    Cantos de Nadal

    Na Praza de Avelino Vicente ás 12:00 horas

    XOVES 17 DECEMBRO

    Concerto do Coro Infantil conservatorio

    Na Praza do Reló ás 17:00 horas (inscrición previa)

    VENRES 18 DECEMBRO

    “O Belén de Pulpiño” do Pulpiño Viascón

    Polas rúas da vila a partir das 17:00 horas

    SÁBADO 19 DECEMBRO

    Cantos de Nadal

    Na praza de Avelino Vicente as 12:00 horas

    Espectáculo de maxia “O Cinematólogo”

    Centro Cultural ás 17:30 horas. (inscrición previa)

    MARTES 22, MÉRCORES 23 e XOVES 24 DECEMBRO

    “Os carteiros do Nadal”

    22 e 23 en horario: 17:00 a 20:00 horas

    24 en horario: 10:30 a 13:30 horas

    SÁBADO 26 DE DECEMBRO

    Espectáculo infantil “Zona en obras” de Brais das Hortas

    No Centro Cultural ás 17:30 horas. (inscrición previa)

    XANEIRO

    SÁBADO 2 DE XANEIRO

    Teatro Infantil “O Crebanoces” de Larraitz Urruzola.

    No Centro Cultural ás 17:30. (inscrición previa)

    SÁBADO 2, LUNS 4 e MARTES 5 XANEIRO

    “Os carteiros do Nadal”

    2 e 4 en horario: 17:00 a 20:00 horas

    5 en horario: 10:30 a 13:30 horas

    MARTES 5 XANEIRO

    Visita dos Reis Magos.

    Os reis magos visitaran durante o día as diferentes rúas da vila.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.