19.5 C
Pontevedra
Martes, 28 de Marzo de 2023
Máis
    HomeBaixo MiñoA GuardaChega á Guarda “EspecializAcción”, accións formativas para negocios locais

    Chega á Guarda “EspecializAcción”, accións formativas para negocios locais

    O Concello da Guarda, a través da Concellaría de Desenvolvemento Local, inicia neste mes de marzo unha oferta de accións formativas gratuítas dirixidas comercio, hostalería e empresas da vila.

    Despois de realizarse unha enquisa entre o tecido empresarial, na que se propuxeron un total de 16 obradoiros a elixir e diferentes horarios para a súa realización, seleccionáronse un total de 5 obradoiros, que foron os que espertaron maior interese polos diferentes profesionais do comercio, hostalería e empresas da vila, mesmo engadindo algunha demanda que non estaba no listado inicial.

    Estes obradoiros están enmarcados na campaña de apoio a o comercio e hostalaría local, iniciada xa no ano 2021 e que, nesta primeira parte de ano 2023, inclúen un total de 5 obradoiros.

    As accións formativas de “EspecializAcción” comezan xa na xornada do 14 de marzo en horario de 17:30h a 19:30h co obradoiro de Barista Básico impartido por Csaba Bóka, un entrenador profesional de baristas e participante en campionatos do mundo que será impartido en Xorxios, na Estrada Costa dos Soldados (Antigo Restaurante Barbela).

    O segundo obradoiro de LatteArt, decoración cafés realizarase na xornada do 21 de marzo en horario de 17:30h a 19:30h, tamén será impartido por Csaba Bókano en Xorxios en Camposancos.

    Na xornada do 28 de marzo en horario de 20:30h a 22:30h a Casa dos Alonso acollerá o obradoiro de Empaquetado de regalos creativo, impartido por Noelia e Ramón da Papelería Artesanal Papelier de Baiona.

    O penúltimo obradoiro de “EspecializAcción” chega á Casa dos Alonso o 11 de Abril en horario de 20:30h a 22:30h da man do Community manager Jorge Alonso Daldea, que tratará sobre Publicidade en Facebook e Instagram.

    Xa para rematar as primeiras accións formativas de “EspecializAcción” desta primeira parte do ano 2023, na xornada do 18 de abril en horario de 20:30h a 22:30h terá lugar na Casa dos Alonso o Obradoiro de Posicionamento SEO para páxinas web e tendas online, impartido por Jorge Alonso Daldea.

    Estes obradoiros teñen unha duración aproximada de dúas horas e é preciso unha inscrición previa chamando ao 986610000 ou remitindo un correo electrónico a conserje@aguarda.es, as prazas son limitadas a 10 persoas para os obradoiros de Barista básico, LatteArt decoración de cafés, e a 15 persoas para os de Empaquetado de regalos creativo, Publicidade en Facebook e Instagram e Posicionamento SEO. As inscricións estarán abertas ata dous días antes de cada acción formativa ou ben ata completar o aforo.

    COLABORACIÓNS

    Miguel Sande, «Brinde e desespero»

    Miguel Sande está a presentar o seu novo poemario, «Brinde e desespero», co que recentemente acadou o XXV Premio Johan Carballeira. Xa falamos noutras ocasións neste mesmo espazo de como se están a diluír a cotío as xa febles liñas que separan os distintos xéneros literarios. «Brinde e desespero» é unha proba máis pois, a pesar da súa inequívoca cadencia lírica, Sande xoga a brincar con habilidade sobre as lindes da poesía para adentrarse no terreo da narrativa e darlle forma a unha prosa poética ben particular.

    Arantza Portabales, «O home que matou a Antía Morgade»

    Abad e Barroso chegaron un día para quedar, para alternar con Leo Caldas, Frank Soutelo e algúns dos outros detectives de referencia da literatura galega dos últimos anos.

    “Nigeria 70”, una trilogía para escuchar

    El Sello inglés Strut nace a finales de los 90. En el año 2008 es adquirido por el Sello !K7 Music, con sede en Berlín, Londres y Nueva York. Strut tiene como misión desenterrar las joyas perdidas del pasado de la música de baile.

    Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá»

    Realidade e ficción conflúen na última proposta narrativa de Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá», na que presenta o que poderiamos considerar unha dupla biografía novelada.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    81 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    41 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    6 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS