26.5 C
Pontevedra
Xoves, 18 de Abril de 2024
Máis
    HomeBaixo MiñoA GuardaCelebración do Día do Libro na Guarda con variadas propostas

    Celebración do Día do Libro na Guarda con variadas propostas

    O obxectivo da campaña céntrase en visibilizar a importancia da lectura e da literatura no noso día a día así como incentivar o consumo nas librerías da localidade.

    As estatísticas nos din que na presente pandemia o tempo de lectura veuse incrementado marcando récords históricos, un costume que veu para consolidarse pois mantívose mais aló do tempo do confinamento estrito. Partindo deste feito e da premisa de que a lectura ao igual que o resto de propostas culturais nos aporta intanxibles que alimentan os nosos espírito, alegran o noso día a día e que agora necesitamos tanto ou incluso mais, nace a campaña en torno ao día do libro na Guarda con actividades que conteñen dende o agasallo de libros na rúa, a confección dun mural con choiva de ideas, dous espectáculos para nenos e a I Ruta do libro para premiar o consumo nas nosas librerías.

    ESPECTÁCULOS INFANTÍS

    As propostas escollidas para o entretemento das familias combinan o humor e a música. Así hoxe estreouse o espectáculo “Riscando o Ceo” con clown, acrobacias e malabares na Praza do Reló. A cargo da compañía Circo Chosco que se inspirou no conto do Principiño porque nos ensina a ver a realidade desde perspectivas diferentes “deixando o importante para ver co corazón” crease unha proposta moi visual e próxima que fai ao público viaxar co perigo e a risa.

    A vindeira semana será o momento para os mais pequenos, coa proposta “Contos do Chupete” da compañía Migallas, unha sesión de contos pensada para os mais pequenos da casa (0 a 5 anos) na que se integran música en directo, literatura infantil, expresión dramática e tradición oral. A cita será no Centro Cultural o 24 de abril ás 12.00h. cun aforo moi limitado, precisa a inscrición previa no mail: aguarda.rbgalicia@eidolocal.es ou no teléfono  649 327 525 (de 17 a 20h), anotando só a un adulto acompañante por cada menor asistente.

    AGASALLO DE LIBROS E MURAL NA BIBLIOTECA

    Na semana propia do libro, a partir do día 20 iniciarase unha iniciativa de agasallo de libros en diferentes puntos da localidade, concretamente na sede do Concello, na Praza de Abastos e no Centro Cultural instalaranse uns puntos con libros para que os veciños poidan levar como agasallo. Estes puntos de agasallo contan coa colaboración de O Piueiro e a Comisión de Festas da Virxe do Carme, que prestaron e decoraron as tradicionais gamelas do Carme para unir á iniciativa a personalidade mariñeira da vila.

    E xa na véspera do día do Libro, o 22 de abril, instalarase un mural no vestíbulo da Biblioteca tamén de temática mariñeira que invitará aos usuarios a completar con frases e mensaxes sobre o significado dos libros e a Biblioteca para os lectores, continuando a iniciativa que tan bo éxito acadara no 2020 a través das Redes Sociais.

    I RUTA DO LIBRO

    A última das iniciativas centrase xa no aspecto comercial dos libros incentivando o consumo de libros nas nosas librerías. A Guarda conta con 4 librerías o cal supón unha riqueza comercial e cultural e por iso dende o Concello quérese chamar a atención sobre esta importancia e fomentar o consumo de libros no noso pequeno comercio fronte a crecente venta online e recuperar a figura do libreiro como facilitador e asesor de novidades.

    A proposta para este fin consiste en premiar a aqueles veciños que consuman un mínimo de 30€ en libros nas librerías guardesas. Estes veciños só terán que xuntar os tickets de compra que acrediten ese gasto e ensinalo na Biblioteca onde poderán recoller unha bonita bolsa para transportar libros.

    O gasto de 30€ pode ser en 1 ou mais libros, así como en unha ou mais dunha librería. Iso sí, non se contabilizará o gasto en outro material a vender nas librerías como xornais, revistas, mochilas, material de papelería, etc…

    Ademáis desta iniciativa, convén recordar que o mesmo día do Libro, o 23 de abril,  as librerías realizan un 10% de desconto nos libros, polo que sempre é un bo momento para agasallar a un mesmo ou un ser querido.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.