Sábado, 3 Maio de 2025

Arranca unha nova edición do campamento urbano no concello da Guarda

O alcalde da Guarda, Antonio Lomba, e a Concelleira de Igualdade, Fátima Rodríguez, acompañaron aos nenas e nenos participantes no inicio do campamento urbano que se desenvolve este verán no recinto do Castelo de Sta Cruz, un entorno privilexiado para a realización de actividades deste tipo.

Un ano máis o equipo de goberno da Guarda apostou por priorizar as necesidades das familias guardesas para poder conciliar a vida familiar e laboral  durante a  época de verán.

Por este motivo tomouse a decisión de manter o número de prazas do campamento urbano, que xa se aumentara de 40 no ano 2019 a 60 no 2021, sendo un incremento do 50% respecto de anos anteriores, que se mantén no mesmo número nesta edición de 2022.

Ademais do número de prazas mantense tamén o período en que os nen@s poden permanecer no campamento, permitindo cubrir os meses de xullo e agosto en horario de mañá de 9:00h a 14:00h.