16.8 C
Pontevedra
Venres, 19 de Abril de 2024
Máis
    HomeBaixo MiñoA GuardaA programación do Nadal 2020 trae esta semana á Guarda música, maxia...

    A programación do Nadal 2020 trae esta semana á Guarda música, maxia e moito máis

    Este xoves ás 17:00h concerto do Coro Infantil do Conservatorio de Música Elemental ás 17:00h na Praza do Reló (inscrición previa)

    Continúa a programación de actividades do Nadal 2020 na Guarda e, seguindo coas actuacións musicais, o xoves día 17 de decembro ás 17:00h na Praza do Reló, será a quenda do concerto do Coro Infantil do Conservatorio de Música Elemental de A Guarda (en caso de choiva quedaría anulado). Para asistir a este evento é preciso formalizar unha inscrición previa no Centro Cultural da Guarda no 986 61 18 50 (en horario de 10:00h a 13:00h e de 16:00h a 21:00h) ou no enderezo electrónico culturaguarda@gmail.com.

    O venres 18 de decembro ás 17:00h as rúas da Guarda encheranse dun divertido e diferente pasarrúas musical con “O Belén de Pulpiño” do Pulpiño Viascón, pensado para todos os públicos. Esta proposta que percorrerá as rúas da vila para amenizar o paseo vespertino (se a choiva o permite) non precisa inscrición previa.

    Marcos Aboal Vázquez, coñecido artísticamente como Pulpiño Viascón, adapta o seu divertido repertorio ás Festas do Nadal, da man de múltiples intstrumentos: divertidas  repicochas galegas ou o clásico “noite de paz” cun serrucho musical serán o preludio para un final de show apoteósico. En caso de choiva quedaría, o show quedaría aprazado a mellor data.

    De cara ao fin de semana temos doble sesión para o sábdado 19, ás 12:00h nova entrega de “Cantos de Nadal”, un evento musical no que participan pandereteiras da vila, que amenizarán a Praza de Avelino Vicente con cantigas tradicionais e de nadal.

    E pola tarde, ás 17:30h no Centro Cultural será o escenario do Espectáculo de maxia “O Cinematomago”. Emoción, recordos, risas e moita ilusión nos agardan neste novo espectáculo do Mago Paco.  O “Cinematomago” é unha personaxe que converte as imaxes en movemento en maxia, repasando os diferentes clásicos do cine de todos os tempos a través da maxia e convertendo esas típicas escenas nun espectáculo máxico ao vivo, coa colaboración imprescindible do seu público. Para asistir a este evento é preciso formalizar unha inscrición previa no Centro Cultural da Guarda no 986 61 18 50 (en horario de 10:00h a 13:00h e de 16:00h a 21:00h) ou no enderezo electrónico culturaguarda@gmail.com.

    PROPOSTAS PARA A VINDEIRA SEMANA

    Xa na vindeira semana, coa chegada das vacacións de Nadal para os mais cativos incorporaranse novas propostas, como “Os carteiros de Nadal”,  que recollerán as cartas dos nenos o martes 22, mércores 23 e xoves 24 decembro “Os carteiros do Nadal” estarán polas diferentes rúas da vila para que os nenos e nenas entreguen as súas cartas (22 e 23 en horario: 17:00h a 20:00h horas e 24 en horario: 10:30h a 13:30h).

    O derradeiro evento do ano terá lugar o sábado 26 de decembro co Espectáculo infantil “Zona en obras” de Brais das Hortas. Contos, música, títeres, instrumentos con obxectos e moita interacción co público. O evento terá lugar no Centro Cultural ás 17:30 horas. Para asistir a este evento é preciso formalizar unha inscrición previa no Centro Cultural da Guarda no 986 61 18 50 (en horario de 10:00h a 13:00h e de 16:00h a 21:00h) ou no enderezo electrónico culturaguarda@gmail.com.

    E no mes de xaneiro, o sábado día 2 de xaneiro o Centro Cultural acolle ás 17:30h a obra de Teatro Infantil “O Crebanoces” de Larraitz Urruzola. Unha representación teatral infantil e familiar, duns 60 minutos de duración, inspirada no conto de Hoffmann. No espectáculo emprégase a música que creou Tchaikowsky e está deseñado para ser interpretada tanto con formación musical como sen ela.

    Os “carteiros do nadal” regresaránn o sábado 2, luns 4 e martes 5 xaneiro ás rúas da Guarda (2 e 4 en horario: 17:00h a 20:00h e o 5 en horario: 10:30h a 13:30h).

    O Martes 5 xaneiro terá lugar a Visita dos Reis Magos, que farán un percorrido polas diferentes rúas da vila, onde as luces que se repartirán entre os nenos os guiarán dende os balcóns e ventás das vivendas da vila. As luces, de fabricación local, serán repartidas ao longo desta semana polos diferentes centros educativos da vila, para que os reis magos saiban onde teñen que deixar os agasallos, polo que teñen que deixalas colocadas nas fachadas das casas.

    Máis actividades na Programación do Nadal 2020 na Guarda

    •         MERCADO DE NADAL

    Na Praza de Avelino Vicente do 4 de decembro de 2020 ao 5 de xaneiro de 2021 coincidindo coa campaña de comercio e cultural adicada ao Nadal, en horario de 10:00h a 13:30 e de 16:00h a 19:00h

    •         AS XANELAS DO NADAL, concurso de decoración.

    Votacións do 14 ó 21 de decembro no facebook de @culturaguarda

    •         VIDEOCHAMADAS COS REIS MAGOS 

    Os días 3 e 4 de Xaneiro os Reis Magos contactarán con todos aqueles nenos e nenas que o desexen, para participar nestas videochamadas é preciso que se inscriban nesta actividade dende o 15 de decembro acudindo ao Centro Cultural ou chamando ao 986 61 1850 en horario de 10:00h a 13:00h e de 16:00h a 19:00h. Unha vez inscritos se lles proporcionará un código de acceso para ingresar na web: http://www.barafundaanimacion.com/videochamadas-nadal/  unha vez alí poderán concretar as súas citas cos reis magos.

    PROGRAMACIÓN AXENDA DE NADAL

    DECEMBRO

    XOVES 17 DECEMBRO

    Concerto do Coro Infantil conservatorio

    Na Praza do Reló ás 17:00 horas (inscrición previa)

    VENRES 18 DECEMBRO

    “O Belén de Pulpiño” do Pulpiño Viascón

    Polas rúas da vila a partir das 17:00 horas

    SÁBADO 19 DECEMBRO

    Cantos de Nadal

    Na praza de Avelino Vicente as 12:00 horas

    Espectáculo de maxia “O Cinematomago”

    Centro Cultural ás 17:30 horas. (inscrición previa)

    MARTES 22, MÉRCORES 23 e XOVES 24 DECEMBRO

    “Os carteiros do Nadal”

    22 e 23 en horario: 17:00 a 20:00 horas

    24 en horario: 10:30 a 13:30 horas

    SÁBADO 26 DE DECEMBRO

    Espectáculo infantil “Zona en obras” de Brais das Hortas

    No Centro Cultural ás 17:30 horas. (inscrición previa)

    XANEIRO

    SÁBADO 2 DE XANEIRO

    Teatro Infantil “O Crebanoces” de Larraitz Urruzola.

    No Centro Cultural ás 17:30. (inscrición previa)

    SÁBADO 2, LUNS 4 e MARTES 5 XANEIRO

    “Os carteiros do Nadal”

    2 e 4 en horario: 17:00 a 20:00 horas

    5 en horario: 10:30 a 13:30 horas

    MARTES 5 XANEIRO

    Visita dos Reis Magos.

    Os reis magos visitaran durante o día as diferentes rúas da vila.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.