Tradicionalmente a programación de verán do Concello da Guarda daba comezo coa Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira, pero haberá que esperar ao 2022 para celebrar o 30º aniversario desta festa gastronómica declarada de Interese Turístico Galego.
A pesares de que este primeiro fin de semana de xullo non se poderá celebrar a tradicional festa gastronómica debido as actuais restricións sanitarias, si haberá unha programación especial para conmemorar que A Guarda é un destino escollido por moitos visitantes para degustar da nosa cociña e da nosa gastronomía.
A langosta, o peixe espada e a cociña mariñeira son os pratos estrelas da nosa gastronomía, que grazas ao bo facer dos restaurantes fixeron que A Guarda este considerada como un destino gastronómico recoñecido na provincia de Pontevedra e que nesta primeira fin de semana de xullo poderán degustar os visitantes e a veciñanza guardesa, xunto cunha programación cultural para o goce de todos.
A primeira actividade proposta terá lugar na xornada do venres 2 de xullo coa observación de estrelas no Puntal, nunha actividade titulada “VENRES DE XULLO BAIXO AS ESTRELAS” que se prolongará os días 2, 9, 23 e 30 de xullo e para a cal é preciso unha inscrición previa a través do correo electrónico [email protected]
A fin de semana continuará nas xornadas do sábado 3 e domingo 4 de xullo con diversas propostas de entretemento con pasarrúas, maxia e concertos musicais.
Programa
- Venres 2
- 23:00 h VENRES DE XULLO BAIXO AS ESTRELAS.
No Puntal. Inscrición previa na Oficina de Turismo.
- 23:00 h VENRES DE XULLO BAIXO AS ESTRELAS.
- Sábado 3
- 11:30 h – CONCERTO DO CORO COA COLABORACIÓN DE GUADI GALEGO.
- No Auditorio de San Benito. Inscrición previa no Centro Cultural.
- 12:30 h – PASARRÚAS INFANTIL: “LANGOSTA E O MUNDO DO MAR”.
Comeza na Praza de Avelino Vicente, Rúa Concepción Arenal e porto.
Duración 1 hora. - 20:30 h – ESPECTÁCULO DE MAXIA DE CAYETANO LLEDÓ: “TITANIC”.
No Auditorio de San Benito. Inscrición previa no Centro Cultural.
- Domingo 4
- 12:00 h – PASARRÚAS MUSICAL COA BATUKADA “BATE NO COBRE”.
Comeza na Praza de Avelino Vicente, Rúa Concepción Arenal e porto.
Duración 2 horas. - 20:30 h – PASARRÚAS INFANTIL: “O SÉQUITO DO CAPITÁN NEMO”
Comeza na Praza de Avelino Vicente, Rúa Concepción Arenal e porto.
Duración 1 hora.
- 12:00 h – PASARRÚAS MUSICAL COA BATUKADA “BATE NO COBRE”.