Venres, 9 Maio de 2025

A Guarda organiza unha xornada de limpeza na costa en colaboración coa asociación ‘O Buxeiro’

O vindeiro domingo día 18 de outubro o Concello da Guarda, a través da Concellería de Medio Ambiente e a Asociación O Buxeiro, organizan unha xornada de limpeza da costa. A actividade ten como obxectivo tanto sensibilizar en materia de xestión de residuos, evitando que o lixo permaneza nos ecosistemas costeiros e se desprace duns ambientes a outros.

Non é preciso inscrición previa, tan só é preciso achegarse ata a Alameda da Guarda ás 9:00 h, onde se realizará o reparto de material (luvas e sacos de lixo para a recollida) e se organizarán os grupos (máximo 4-5 persoas) para desprazarse despois ata os diferentes puntos preseleccionados para esta actividade nos termos municipais de Oia, O Rosal e A Guarda.

Obrigatorio o uso de mascarilla entre os participantes