18.5 C
Pontevedra
Venres, 19 de Abril de 2024
Máis
    HomeBaixo MiñoA GuardaA Guarda incrementa as horas de atención do Servizo de Axuda no...

    A Guarda incrementa as horas de atención do Servizo de Axuda no Fogar

    En total increméntanse 300 h mensuais para eliminar a listaxe de espera de dependencia de grao 3, os que teñen máis necesidade.

    O servizo de axuda no fogar (SAF) é un servizo público no que os concellos asumen unha parte moi importante a pesar de ser competencia da Xunta de Galicia consistente en ofrecer un conxunto de atencións a persoas ou unidades de convivencia no propio domicilio para facilitar o seu desenvolvemento e a permanencia no seu medio habitual.

    Poden acceder ao servizo as persoas que teñan recoñecido este dereito a través do sistema de atención á dependencia ou ben, na modalidade de libre concorrencia, aquelas persoas para as que resulte un recurso idóneo, de acordo coa valoración técnica correspondente.

    Os principais obxectivos do SAF son: mellorar a calidade de vida das persoas usuarias, posibilitar a permanencia das persoas no seu contorno de convivencia habitual, favorecer e potenciar a autonomía persoal no propio domicilio, previr situación de dependencia ou exclusión e retardar ou evitar a institucionalización.

    A xestión do servizo é mixta, contando con persoal propio (10 auxiliares de axuda no fogar) e dunha empresa que atende os casos que son derivados dende os servizos sociais comunitarios.

    Dende o ano 2018 a prestación do servizo de axuda no fogar é realizado pola empresa local Alento Servizos.

    Actualmente 65 persoas son beneficiarias do servizo, 47 na modalidade de dependencia , e 18 en réxime de libre concorrencia, (sobre 300 horas prestadas mensualmente). Co incremento das 300 h que se están incorporando a número de horas que se prestan en dependencia será de 2386 h

    Ademais das atencións de carácter persoal e doméstico, o SAF inclúe unha serie de servizos complementarios para as persoas beneficiarias que o precisen: servizo de fisioterapia, podoloxía e préstamo de axudas técnicas.

    A maiores, no Concello da Guarda, préstase o servizo de Xantar na Casa, a través do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar. O Xantar na Casa constitúe un servizo de comida a domicilio que pretende facilitar e garantir unha alimentación equilibrada e de calidade adaptada ás necesidades das persoas maiores e/ou dependentes, que non poden valerse por si mesmas para cubrir as súas necesidades básicas relacionadas coa compra ou elaboración de menús.

    As persoas que precisen de calquera destes servizos poden dirixirse ao departamento de servizos sociais comunitarios no 1º andar do edificio do concello vello na Praza do Reló, chamando ao 986 61 4507 ou no enderezo electrónico sociais@aguarda.es

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.