Sábado, 3 Maio de 2025

A Guarda inaugura a exposición coas fotos do concurso realizado con motivo do Día Mundial da Auga

O día 8 de marzo, o Consello Climático Asesor Xuvenil da Guarda convocou un concurso de fotografía en colaboración co Concello da Guarda e o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade con motivo do Día mundial da Auga (22 de marzo).

Así o día 13 de abril o xurado composto por persoas do Consello Climático e por persoal de prensa do Concello da Guarda, emite a súa valoración das 17 fotografías presentadas ao concurso de xeito anonimizado e telemático. O resultado despois da rolda de votacións deron como gañadoras as fotos presentadas por:

  • MARTÍN ÁLVAREZ CUÑA – foto gañadora
  • MARÍA PEREIRA – foto accésit
  • ANDREA MARTÍNEZ – foto accésit

Todas as fotografías participantes están xa expostas no Concello da Guarda nunha exposición que foi inaugurada o pasado venres día 29 de Abril, coa entrega de premios por parte de representantes das entidades organizadoras, ás persoas gañadoras.