14.5 C
Pontevedra
Venres, 19 de Abril de 2024
Máis
    HomeBaixo MiñoA GuardaA Guarda establece un plan de actuación para retomar a atención presencial...

    A Guarda establece un plan de actuación para retomar a atención presencial dos servizos municipais

    O concello guardés primará o teletraballo nos servizos administrativos, a través da sede electrónica, vía telefónica e por correo electrónico. A atención presencial farase con cita previa para continuar mantendo a distancia social como medida de prevención.

    Este martes, 12 de maio, reuniuse no salón de plenos do concello da Guarda a Mesa de  Negociación para dar traslado dos traballos que se están realizando por parte do equipo de Goberno dende o inicio do estado de alarma, o 14 de marzo, e tamén da elaboración de protocolos  previos á reapertura de determinados servizos. Esta semana procedeuse a atender, con cita previa, na Biblioteca Municipal, no Punto Limpo, así como na Casa do Concello. 

    Nesta reunión, o alcalde, Antonio Lomba, trasladou aos membros do comité de empresa e aos  representantes dos sindicatos a elaboración dun protocolo de servizos administrativos, elaborado por funcionarios municipais, documento que se remitiu aos traballadores e que está aberto ás modificacións que sexan necesarias para adaptarse á situación cambiante que xera o coronavirus. Neste documento se establece como forma de traballo preferente o teletraballo, que foi a fórmula  que se adoptou dende o inicio de estado de alarma por parte dos servizos administrativos do concello,  facéndoo compatible co necesario traballo presencial, para atender as necesidades dos veciños da localidade,  a través de cita previa para evitar o risco de contaxio. Hai que sinalar que outros departamentos do concello, considerados esenciais, están  traballando de xeito presencial dende o inicio do estado de alarma, tales como servizos sociais, policía local, Ges, persoal de servizos de recollida de lixo, limpeza viaria e vías e obras.

    Tamén se informou da elaboración dun protocolo  para a implantación  de medidas preventivas  nos diferentes edificios ou lugares onde se reinicia a actividade,  a este protocolo guía se irán incorporando, como anexos, protocolos específicos como o do albergue, biblioteca ou oficina de turismo, entre outros. Para esta adecuación o concello da Guarda ten  establecido unha liñas de actuación para posibilitar a distancia social de 2 metros.  Procedeuse a compra de mamparas,  determináronse  uns itinerarios de seguridade, reforzouse   a limpeza e desinfección  non inmobles e colocáronse dispensadores de hidroxel, entre outras medidas.

    A resposta da cidadanía a este retorno  está sendo moi positiva,  facendo uso  maioritario da atención telefónica e con cita previa,  posibilitando que non se produzan acumulación de persoas, nin colas de espera e permitindo unha  atención adecuada  do servizo.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.