Esta fin de semana volve a Arbo os grandes momentos do fútbol sala na localidade, cun gran ambiente no pavillón polideportivo municipal.
O Concello de Arbo no seu interese para apoiar e promocionar o deporte, organiza o XXVIII Torneo de fútbol sala “Vila de Arbo” durante tres días con partidos seguidos.
Os días 28, 29 e 30 de xullo, 12 equipos entres os que se atopan veciños de Arbo, asi como dos Concellos limítrofes competiran polo premio de 1.100 euros que se levará o equipo gañador.
Tres días cargados de deporte e emoción, con zona de acampada e cantina nos farán disfrutar de este deporte que leva máis de 28 anos sendo unha actividade con moita afluencia de público.