9.2 C
Pontevedra
Luns, 27 de Marzo de 2023
Máis
    HomeA ParadantaArboArbo mellora o equipamento do «Arabo» e actualiza os seus contidos

    Arbo mellora o equipamento do «Arabo» e actualiza os seus contidos

    O importe das melloras realizadas no Centro de Interpretación da Lamprea e do Viño do Condado «Arabo» foi de máis de 65.000 euros

    O Centro de Interpretación do viño e da Lamprea de Arbo «Arabo», e unha fiestra cara os visitantes para descubrir o que o Concello de Arbo pode ofrecer, ademais de transmitir a través dos paneis e os vídeos a verdadeira realidade e a historia de Arbo. Por ese motivo, o Concello de Arbo vén de realizar traballos cara a mellorar os equipos multimedia e a actualizar os contidos do Museo.

    Con estas actuacións mellorouse o deseño, promoción e execución da actualización e mellora da exposición permanente do centro de interpretación da lamprea e do viño do condado“ coa dotación de sistemas multimedia para o visionario de contidos de vídeo e interactivo: pantallas táctiles, monitores de vídeo e proxectores con novos videos, fotografía, grafismos, vídeo e contidos interactivos e redacción de novos textos.

    Coas melloras introducidas no Museo Arbo, creouse un espazo para albergar unha exposición permanente sobre a Festa da Lamprea. A primeira Festa da Lamprea ten lugar o día 16 de abril de 1961, organizada por un grupo de veciños, funcionarios e restauradores do Concello a cargo da Comisión “Pro Homenaxe á Lamprea”, que tributaba a través desta xornada festiva o recoñecemento a unha riqueza antiga e inmemorial que o Miño proporcionaba.

    O alcalde do Concello de Arbo, Horacio Gil, asegurou que con esta actuación de mellora “o Centro de Interpretación do Viño e a Lamprea adecuarase aos estándares e requisitos turísticos que un centro destas características debe albergar”.

    A modernización e a implantación de novos sistemas tecnolóxicos de visionado e interacción co visitante a través de videos, pantallas táctiles e proxectores, a elaboración de novos contidos, novos materiais, novas fotografías ou a publicación de novos folletos informativos permitirán unha visita moito mais dinámica e ilustrativa para os visitantes.

    Nesa liña, o alcalde de Arbo subliñou que os e as visitantes “poderán gozar duns contidos adaptados ás necesidades e requerimentos actuais dun museo con amplios contidos e informacións que transmitir sobre Arbo e os seus bens mais preciados”.

    COLABORACIÓNS

    Miguel Sande, «Brinde e desespero»

    Miguel Sande está a presentar o seu novo poemario, «Brinde e desespero», co que recentemente acadou o XXV Premio Johan Carballeira. Xa falamos noutras ocasións neste mesmo espazo de como se están a diluír a cotío as xa febles liñas que separan os distintos xéneros literarios. «Brinde e desespero» é unha proba máis pois, a pesar da súa inequívoca cadencia lírica, Sande xoga a brincar con habilidade sobre as lindes da poesía para adentrarse no terreo da narrativa e darlle forma a unha prosa poética ben particular.

    Arantza Portabales, «O home que matou a Antía Morgade»

    Abad e Barroso chegaron un día para quedar, para alternar con Leo Caldas, Frank Soutelo e algúns dos outros detectives de referencia da literatura galega dos últimos anos.

    “Nigeria 70”, una trilogía para escuchar

    El Sello inglés Strut nace a finales de los 90. En el año 2008 es adquirido por el Sello !K7 Music, con sede en Berlín, Londres y Nueva York. Strut tiene como misión desenterrar las joyas perdidas del pasado de la música de baile.

    Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá»

    Realidade e ficción conflúen na última proposta narrativa de Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá», na que presenta o que poderiamos considerar unha dupla biografía novelada.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    81 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    41 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    6 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS