Hoxe martes, 17 de agosto, comezan na Cañiza as obras de asfaltado de todo o treito urbano da N-120. Os traballos inícianse tras a reunión que o alcalde Luis Piña mantiña en Madrir, o pasado 27 de xullo, co secretario xeral de Infraestruturas do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, Sergio Vázquez. Nesa reunión, Vázquez comunicaba ao rexedor local que o Ministerio daba luz verde á reclamación do Concello da Cañiza para repoñer e reasfaltar todo o firme da N120 ao seu paso polo núcleo urbano.
Dende a apertura do Tunel de Folgoso a principios de maio deste ano, o alcalde da Cañiza notificaba oficialmente á Secretaría de Estado de Transportes, á Demarcación de Carreteras del Estado en Galicia e en Pontevedra e a Delegación do Goberno de España en Galicia e Subdelegación de Pontevedra, do “estado intransitable en que quedou o firme da estrada Nacional 120 na súa travesía polo casco urbano da Cañiza, con motivo do peche do túnel da A-52 Rías Baixas en sentido Vigo Ourense”.
[su_image_carousel source=”media: 43163,43162,43160,43159″ crop=”5:4″ link=”lightbox” autoplay=”0″]
É preciso salientar que o túnel do Folgoso estivo pechado durante 3 meses, dende o 21 de xaneiro ao 30 de abril, debido ao accidente dun camión de grandes dimensións que se incendiou dentro do túnel, provocando graves danos nas súas infraestruturas.
O peche dese paso obrigado de vehículos que circulan pola A-52, obrigou a desviar todo o tráfico da Autovía pola N-120, ocasionando un importante deterioro na calzada que non estaba preparada para absorber tal volume e densidade de tráfico.