O alcalde da Cañiza, Luis Piña, visitou e repasou cun dos técnicos da empresa adxudicataria as obras de modernización do alumeado público que se están a desenvolver en Valeixe. Os traballos comezaron no pasado mes de abril e permitirán a substitución de 298 luminarias –44 en Taín, 46 en Barreiros, 17 en Chans, 27 en Abelán, 37 na Cruz, 17 en Paradela, 18 en Lameira, 38 en Cabo de Vila-Raxeira, 24 na Laranxeira, 15 na Chan e 6 en Carracedo–. Todas as luminarias son do modelo Laia de Isosi de 30 watios capaz de proxectar unha luz branca a 130 luminos/watio, de clase 2 en ador 4000K.
Ademáis tamén se instalaron 18 módulos de contadores de última xeneración e se cambiaron os 2 existentes e xa se iniciaron as xestións coa Distribuidora eléctrica para solicitar a alta. Deste xeito cambiarase o modelo de facturación de alzado a contador, rebaixando notablemente a factura da luz xa que o modelo de alzado contaba cun elevado importe de penalización.

O concello da Cañiza un investimento de 445.700,00 € nestas actuacións que cambiarán por completo a instalación eléctrica de todo o alumeado público da parroquia e que contempla a substitución de máis de 800 luminarias, o despregue de 13 quilómetros de novo cable no tendido eléctrico, a substitución de máis de 40 báculos en mal estado e a colocación de 10 novos báculos do modelo Cañiza no centro da parroquia, na Miñoteira.
Cadros eléctricos intelixentes
Cómpre salientar que ao abeiro destas obras, tamén se está procedendo á instalación de 20 novos cadros de contadores eléctricos intelixentes, que veñen a sumarse aos 5 existentes nos lugares de Touzosas, Anxo da Garda, Almuiña, Súa Hermida e Miñoteira.
A práctica inexistencia de contadores na parroquia, unha das máis poboadas do Municipio, provocaba que a subministradora facturara o consumo por alzado, un tipo de facturación que aplica unha elevada porcentaxe de penalización, polo que a colocación destes 20 contadores novos axudará a baixar significativamente o coste da luz pública.
Solo no último ano os 5 contadores existentes en toda a parroquia (Touzosas, Anxo da Garda, Almuiña, Súa Hermida e Miñoteira), arroxaron uns consumos cuns costes de 15.963,09 € e a facturación por alzado 62.595,90, co inconveniente de non saber con exactitude cales son os consumos de cada zona porque a facturación en alzado é estimatoria para todo o Municipio.
Ademáis o feito de non contar con contadores está penalizado pola empresa que fai unha estimación á alza. De ahí a importancia de cambiar o tipo de facturación que xunto coa nova instalación de LED reducirá os consumos ademáis de ofrecer un servizo de maior calidade e menos contaminante.