Domingo, 4 Maio de 2025

Ultimas Noticias

O Concello da Guarda instala aseos accesibles na Alameda

O Concello da Guarda ven de poñer en funcionamento recentemente uns aseos adaptados para persoas con mobilidade reducida no entorno da Alameda, dentro do compromiso de mellora dos espazos públicos do municipio.

Nigrán reclama á Xunta que inclúa o Templo Votivo do Mar no Plan Xacobeo do Goberno de España para restaurar patrimonio

O Concello de Nigrán demanda á Xunta de Galicia que inclúa o Templo Votivo do Mar de Panxón no Plan Turístico Xacobeo 21-22 do Goberno central para a restauración de monumentos ante o seu grave deterioro. A comunidade ven de recibir 25 millóns de euros para este fin sen que figure entre os seus once proxectos anunciados a igrexa de Panxón pese a estar en verdadeiro risco de sufrir danos irreparables desde hai décadas e pese a que no 2009 se aprobou por unanimidade no Parlamento de Galicia unha proposta non de lei para realizar no prazo máximo dun ano un proxecto técnico dirixido a súa rehabilitación.

O Rosal continúa co seu labor de mellora e recuperación de espazos públicos

Durante as últimas semanas o Concello do Rosal realizou unha serie de obras ao redor do municipio para continuar co seu traballo de mellora e recuperación de espazos públicos. No parque de Tamuxe colocáronse unha serie de bancos e mesas para facilitar un área de descanso e de lecer á veciñanza e favorecer así, un mellor aproveitamento mellor da contorna.

O Rosal acolle un dos espectáculos o programa ‘Coñece o teu camiño’

O Concello do Rosal acollerá, o vindeiro sábado, 7 de agosto, na Praza do Calvario, un dos seis espectáculos do proxecto Coñece o teu Camiño, que conta coa colaboración da Xunta de Galicia, un evento transversal que inclúe un espectáculo infantil a cargo de Barafunda Animación centrado na peregrinaxe do Camiño e o Océano Atlántico e unha actuación de folclore con música e danza tradicional que correrá a cargo da Asociación Folclórica Corisco, a Banda de Gaitas Xarabal e a Agrupación Folclórica Lembranzas Galegas.

O Rosal prosege a súa loita pola mellora da súa atención primaria

O Rosal non abandona a súa loita para denunciar o desmantelamento do servizo de atención primaria no municipio. Hoxe, a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Rosal, representada pola Alcaldía, a concellaría de Sanidade, todos os grupos municipais, persoal médico sanitario, e o tecido asociativo do concello, fixo entrega das súas demandas na Delegación da Xunta en Vigo.

A Consellería de Medio Ambiente pon a exposición pública o parque empresarial da Lagoa, en Mondariz

A Modificación puntual núm. 2 do Plan sectorial de ordenación de áreas empresariais de Galicia xa está en marcha. Esta iniciativa da Xunta de Galicia e do Concello de Mondariz descarta o parque empresarial que o Goberno galego programou no seu día na Chan de Cairón (Gargamala). No seu lugar preténdese crear un novo parque empresarial no Parque Forestal da Lagoa, na parroquia de Mondariz, un espazo de elevado valor ambiental, forestal e deportivo que acolle dous campos de fútbol e unha escola de hípica.

Areeiro lembra que non cese a vixilancia do mildio e se retiren os acios afectados

A Estación Fitopatolóxica Areeiro, centro dependente da Deputación de Pontevedra, acaba de lanzar un novo aviso fitosanitario no que destaca que nas viñas de...

‘Descubrindo Gondomar’, unha nova e divertida forma de coñecer o municipio do Val Miñor

A Concellería de Turismo, dirixida por Rocío Goberna, desenvolverá o próximo domingo 22 de agosto esta iniciativa cuxo obxectivo é dar a coñecer os principais atractivos de Gondomar a través dunha divertida caza do tesouro que se realizará por grupos. A actividade, pensada principalmente para familias con nenos e nenas, ten como obxectivo dar a coñecer a contorna do municipio de forma amena e facilitando unha xornada de lecer e encontro familiar neste tempo de verán.

Xullo remata na Guarda con programación para os mais pequenos e o concerto do Grupo Klason

Nesta semana que remata o mes de xullo, o Concello da Guarda retoma as actividades infantís canceladas no inicio do mes por culpa da choiva. Así, o espectáculo de maxia de Cayetano Lledó Titanic, chegará o venres 30 no Auditorio de San Benito ás 20:30 h. O sábado 31 de xullo será a quenda dos pasarrúas de O séquito do Capitán Nemo, pola mañá e ás 21 horas do concerto do grupo de clarinetes Klason.

Nigrán festexa San Campio este domingo na Alameda da Ramallosa

O Concello de Nigrán, se finalmente a climatoloxía o permite, festexa este domingo 25 de xullo San Campio na Alameda da Ramallosa, contorna adicada precisamente a este santo e ao que debe o nome.

A aula CeMIT de Ponteareas ofrece unha ducia de cursos de balde para este mes de xullo

A aula CeMIT de Ponteareas xa ten aberto o prazo de inscrición para os novos cursos presenciais que oferta de balde e que comezarán o vindeiro 5 de xullo. Dende a Concellaría de Innovación e Desenvolvemento Tecnolóxico que dirixe Benito Márquez anímase a toda a veciñanza a participar nestas actividades.

A Estación Fitopatolóxica do Areeiro alerta da aparición de múltiples manchas de mildio

A Estación Fitopatolóxica Areeiro, centro dependente da Deputación de Pontevedra, acaba de lanzar un novo aviso fitosanitario no que reflicte a detección recente de moitas manchas incipientes de mildio nas viñas e recomenda intervir cando se detecten síntomas. O persoal de Areeiro tamén recomenda reforzar o tratamento contra o oídio cando se apliquen os produtos para combater o mildio.