12 C
Pontevedra
Venres, 29 de Marzo de 2024
Máis
    HomeUltimas Noticias'Descubrindo Gondomar', unha nova e divertida forma de coñecer o municipio do...

    ‘Descubrindo Gondomar’, unha nova e divertida forma de coñecer o municipio do Val Miñor

    A Concellería de Turismo, dirixida por Rocío Goberna, desenvolverá o próximo domingo 22 de agosto esta iniciativa cuxo obxectivo é dar a coñecer os principais atractivos de Gondomar a través dunha divertida caza do tesouro que se realizará por grupos. A actividade, pensada principalmente para familias con nenos e nenas, ten como obxectivo dar a coñecer a contorna do municipio de forma amena e facilitando unha xornada de lecer e encontro familiar neste tempo de verán.

    Os equipos deberán ter un mínimo de dous integrantes e un máximo de cinco, establecéndose dúas categorías: a dos ‘Pequenos Castores’, na que polo menos debe haber un menor de 12 anos e, a categoría ‘Exploradores’ onde os seus integrantes son maiores de 12 anos. Unha vez establecidos os grupos só serán necesarias moitas ganas de pasalo ben e que veñan con roupa e calzado cómodo para cubrir o percorrido previsto no que deberán, seguindo as instrucións dun mapa que se lles facilitará na saída, localizar unha serie de puntos de control nos que se ocultan “pequenas recompensas”.

    Cada un dos participantes establecerá a súa folla de roteiro e poderá cubrila como lle resulte máis doado para o grupo ou para facerse cos puntos. A proba ten unha duración prevista de dúas horas e media e, segundo a organización, “non deben esquecer o compoñente estratéxico, a toma de decisións e o traballo en equipo como claves para finalizar con éxito”.

    Inscricións

    O prazo de inscrición arrinca hoxe, 29 de xullo, e manterase aberto ata o 10 de agosto. Todos os interesados poderán inscribirse a través do correo electrónico oficinadeturismo@concellodegondomar.gal, ao que deberán remitir o nome do equipo, o número de integrantes, así como o DNI e data de nacemento de cada un deles. Ademais deberán facilitarse un correo e un teléfono de contacto. Para máis información poderán chamar ao teléfono 678 874 985.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.