Luns, 7 Xullo de 2025

É Noticia

O DOG publica a oferta pública de emprego de Sanidade para 2021 cun total de 1.215 prazas

O Diario Oficial de Galicia publica, na súa edición de hoxe, a oferta pública de emprego do persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde para o presente ano, que inclúe un total de 1.203 prazas.

SmartPeme pon en marcha esta semana catro obradoiros online

A Deputación de Pontevedra, a través de SmartPeme, oferta esta próxima semana catro novas accións formativas impartidas de xeito online, enmarcadas na carteira de obradoiros que se imparten de forma telemática.

A ‘Trail League’ volve ao Baixo Miño con tres probas que combinan deporte, natureza e turismo

As persoas amentes do trail están de parabéns, a Pontevedra Trail League chega este 2021 ao Baixo Miño cunha atractiva programación coa colaboración da Deputación de Pontevedra, os concellos do Rosal, A Guarda e Tui e a empresa NOKO 360. A competición volverá a contar co Trail Adventure Muíños do Folón (no Rosal) e o Trail do Trega (na Guarda) aos que se suma este ano o Trail do Aloia (en Tui), que chega como novidade desta segunda edición.

Areeiro insiste na necesidade de vixiar as viñas polo mildio e aconsella renovar os tratamentos se aparecen novos síntomas

A Estación Fitopatolóxica Areeiro, centro dependente da Deputación de Pontevedra, vén de lanzar un novo aviso fitosanitario no que insiste nas súas anteriores recomendacións de continuar vixiando as viñas debido á situación de risco para o desenvolvemento do mildio.

O AECT Rio Miño presentará aos fondos europeos un “plan de choque” ambicioso para compensar o peche da fronteira

O AECT Río Miño está a traballar e presentará de maneira inminente un plan propio para reactivar económicamente da fronteira o Río Miño que compense o peche da fronteira con fondos europeos. Así o anunciou hoxe o vicedirector da agrupación, Uxío Benítez, quen valorou positivamente a apertura da raia con Portugal, mais destacou que “hoxe non é un día para conmemorar, senón para reivindicar”.

O PSOE lamenta a redución do número de galegofalantes e lembra a “obriga estatutaria” da Xunta de promocionar o galego

A voceira de Política Lingüística do Grupo Socialista, Noa Díaz, vén de criticar a “falla de vontade política” da Xunta á hora de protexer e promocionar o galego. Fíxoo, hoxe, trala comparecencia do director xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia na Comisión de Cultura do Parlamento.

Conclúe a xornada da Escola María Vinyals sobre as mulleres e a Axenda 2030

Cun chamamento unánime á necesidade de que as mulleres opinen, valoren, traballen e decidan na implementación da Axenda 2030 rematou en Pontevedra a dobre xornada da Escola María Vinyals sobre o liderado das mulleres da administración pública no compromiso cos ODS.

O AECT Río Miño pide que o fin do estado de emerxencia en Portugal conleve a apertura da fronteira

O AECT Río Miño, en boca do seu vicedirector Uxío Benítez, pediu hoxe aos gobernos español e portugués que a decisión de poñer fin ao estado de emerxencia portugués conleve a apertura da fronteira de maneira inmediata.

O PSOE denuncia o veto do PP á liberalización da peaxe AG-57 Puxeiros-Val Miñor

O PSdeG-PSOE vén de denunciar o "veto" do PP de Galicia a unha iniciativa socialista para liberalizar as peaxes das autoestradas AG-55 A Coruña-Carballo e AG-57 Puxeiros-Val Miñor. Fíxoo, onte, no Pleno do Parlamento, logo de votar en contra dunha proposición non de lei presentada pola voceira de Infraestruturas Patricia Otero.

Noemi Outeda, “para que poida haber un título de FP na Escola de Cantería, o PP o que ten que facer é reclamar a...

“Que non enganen á xente. Nunca haberá un título de FP para a Escola de Cantería se non se reclama e se defende a...

O AECT Río Miño pide que o fin do estado de emerxencia en Portugal “conleve a apertura das fronteiras”

O AECT Río Miño, en boca do seu vicedirector Uxío Benítez, pediu hoxe aos gobernos español e portugués que a decisión de poñer fin ao estado de emerxencia portugués conleve a apertura das fronteiras de maneira inmediata. Segundo apuntou Benítez, para o territorio transfronteirizo do Río Miño a decisión e o anuncio que debe facer o Estado Portugués non é tanto relativa ao estado de emerxencia en vigor dende o 9 de novembro, senón sobre a apertura formal das fronteiras, xa que o peche vai cumplir tres meses nos vindeiros días.

‘Liderado feminino e cidades sostibles’ centrarán a xornada final da Escola María Vinyals da Deputación de Pontevedra

Tras a primeira sesión, na que máis de 300 persoas reuníronse on line para escoitar a mulleres da sanidade, educación, ciencia e da investigación como África González, Tatiana López, Ana Concheiro, Capitolina Díaz, Elena Rivo e Elena Vázquez, este xoves 29 de abril celebrarase a segunda parte da xornada 'A Axenda 2030 e o papel das mulleres na administración pública do futuro', organizada pola Deputación de Pontevedra e a USC, na que se afondará no liderado feminino nas institucións públicas e nas cidades sostibles.