Martes, 17 Xuño de 2025

É Noticia

A Rede Galega de Teatros e Auditorios programa ata xuño máis de 350 actuacións escénicas e musicais en 41 concellos

A Rede Galega de Teatros e Auditorios comezou hoxe en Lugo á súa nova programación semestral, no marco da que, ata o vindeiro mes de xuño, terán lugar 351 funcións escénicas e musicais en 41 concellos de toda Galicia. A Xunta e as entidades locais asociadas cofinancian este circuíto, que para todo o ano 2024 conta cun orzamento de arredor de dous millóns de euros, destinado integramente á contratación de formacións artísticas profesionais de teatro, música, danza, circo e maxia, galegas na súa meirande parte.

Aberto o prazo para inscribirse na primeira das rutas ornitolóxicas da Deputación do 2024

O programa “Voando nas Rías Baixas”, que impulsa a institución provincial da man de SEO/BirdLife, comezará o domingo 14 de xaneiro cunha ruta pola Foz da Ramallosa e praia América

Escapismo no Castelo de Soutomaior

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, participou este xoves nunha das actividades da programación do Nadal do Castelo de Soutomaior consistente nun xogo de escape room titulado “Asedio ao Castelo” no que participaron tamén nenos do Centro Infantil Príncipe Felipe.

O Sergas amplía a vacinación ata o 12 de xaneiro

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, acompañado pola directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán, anunciou a ampliación da campaña de vacinación de gripe e covid, que estaba previsto rematar o 31 de decembro, ata o 12 de xaneiro.

A Deputación reforza a xestión do CAAN e do servizo de recollida de animais abandonados

A Deputación de Pontevedra reforzará a xestión do servizo de recollida de animais abandonados na provincia e do Centro de Acollida e Protección de Animais de Armenteira (CAAN) para axudar aos concellos da provincia.

O AECT Rio Minho aprobou o Plan de Actividades e Orzamento para 2024

Esta semana, na sede do AECT Rio Minho, en Valença, foi aprobado en Asemblea Xeral o Plan de Actividades e Orzamento para 2024, cun investimento global de 509.215,00 euros.

O Castelo de Soutomaior acolle un espectáculo de vídeo mapping e xogos de escapismo para familias

Tralo éxito das visitas teatralizadas que tiveron lugar na ponte de decembro con todas as prazas cubertas, esta semana arrancan no Castelo de Soutomaior o espectáculo de vídeo mapping e os xogos de escapismo para familias con nenos maiores de 8 anos.

Máis de 150 alumnos da ESO e de Educación Especial da provincia participarán este curso en “DepoEmprende”

O Salón de Plenos da Deputación de Pontevedra acolleu a máis de 150 alumnos de seis centros de Educación Secundaria e Especial da provincia nun acto no que presentaron as 11 cooperativas coas que participan nunha nova edición de “DepoEmprende na ESO” e “DepoEmprende na Escola”.

O programa SmartPeme da Deputación oferta esta semana catro novas accións formativas

A Deputación de Pontevedra, a través do programa SmartPeme de asesoramento tecnolóxico para pemes e persoas autónomas, oferta esta semana catro novas accións formativas enmarcadas na súa carteira de obradoiros.

Máis de 2.500 persoas participaron este ano no programa Depotermal

Co regreso a casa este venres das 150 persoas que esta semana estaban a participar en Sanxenxo na última quenda de Depotermal, a Deputación de Pontevedra pon o broche de ouro a esta iniciativa da que se beneficiaron, este ano, 2.500 persoas de 57 concellos da provincia.

Novos obradoiros, esta semana, a cargo de SmartPeme

A Deputación de Pontevedra, a través do programa SmartPeme de asesoramento tecnolóxico para pemes e persoas autónomas, oferta esta semana tres novas accións formativas enmarcadas na súa carteira de obradoiros.

Preto de 150 persoas participan esta semana no programa da Deputación “Depotermal”

Dende este domingo e ata o vindeiro venres 15 de decembro, preto de 150 persoas maiores de 50 anos de 18 concellos da provincia poderán desfrutar dunha estancia no Gran Talaso Hotel Sanxenxo e no Hotel Carlos I grazas ao programa “Depotermal”, organizado pola Deputación de Pontevedra.