O Parlamento deu luz verde á iniciativa do Grupo Socialista para instar á Xunta a aprobar a declaración de emerxencia climática en Galicia. Ocorreu, hoxe, no Pleno do Parlamento, despois de que os tres grupos parlamentarios debatesen sobre unha proposición non de lei do Grupo Socialista.
A Deputación de Pontevedra, a través de SmartPeme, oferta esta semana catro novas accións formativas impartidas de xeito online, enmarcadas na carteira de obradoiros que se imparten de forma telemática.
Coa sinatura dun manifesto “histórico”, que se dará a coñecer hoxe martes, as escritoras máis notables dos últimos tres séculos puxeron o broche final a unha noite e madrugada inéditas, nun ambiente “cheo de maxia e de bos espíritos” e nunha “contorna única” como o Salón Nobre do Castelo de Soutomaior.
Os centenarios muros do Castelo de Soutomaior serán escenario este luns, ao abeiro do Día Mundial das Escritoras, dun encontro inédito que dificilmente poderá volver a celebrarse. A histórica propietaria do Castelo, María Vinyals, a pioneira activista feminista e muller adiantada ao tempo que viviu nos finais do XIX e principios do XX, decidiu volver das penumbras das murallas onde habita, como contan as lendas, e convocar un sorprendente cumio para un faladoiro literario
Unha resposta contundente para achegar recursos aos concellos e á xente para impulsar a economía da provincia, xerar actividade e crear ou manter o emprego despois da pandemia. Con este obxectivo, o REACPON, o plan de investimento público más ambicioso da historia da Deputación, mobilizará 39,1 millóns de euros para acometer grandes actuacións nos concellos da provincia e transformar o territorio.
A ‘Gala da Memoria’ organizada polo departamento provincial de Memoria Histórica da Deputación de Pontevedra amosouse como un evento “nada convencional” onde a música revindicou que “queda moito por facer pola memoria histórica”.
O Consello Coordinador do Agrupamento Europeo de Cooperación Transfronteiriza AECT Rio Minho vén de nomear ao recentemente renovado alcalde de Vila Nova de Cerveira, Rui Teixeira, como novo director nun acto oficial celebrado en Valença.
O éxito da exposición ‘Origami, de papel a obra de arte’ “está asegurado de antemán” e “converterase nunha interesante opción para pechar o ano e comezar o 2022” no Museo de Pontevedra “sen deixar a ninguén indiferente”. Así o manifestou hoxe o director do Museo Xosé Manuel Rei na apertura ao público da colección chegada da Escola Museo de Origami de Zaragoza (EMOZ) facendo unha chamada para visitar a mostra dende hoxe ata o 23 de xaneiro.
O Museo de Pontevedra vai acoller a finais de mes o ‘X Encontro de conservación e restauración’ que este ano se centrará na ‘Xestión de riscos e emerxencias no Patrimonio Cultural’.
A Deputación abre este venres, 5 de novembro, o prazo de inscrición para participar na cata e degustación sensorial que organiza con motivo do Día Europeo do Enoturismo xunto á Ruta do Viño e en colaboración con Anfaco.
Sensibilizar aos cativos sobre a aventura e a responsabilidade que supón a adopción de animais é o principal obxectivo da nova campaña lanzada desde CAAN, o Centro de Acollida e Protección de Animais da Deputación, nesta recta final do ano e que leva por lema “EduCAANdo”.
A Deputación de Pontevedra, a través do seu departamento de Mobilidade, celebrou hoxe a Primeira Asemblea Ágora de Concellos Polo Espazo Público na que deu a coñecer a batería de iniciativas que se desenvolverán ao abeiro do Plan Ágora en 2022 para recuperar espazos para as persoas.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.