Domingo, 13 Xullo de 2025

É Noticia

O CAAN pechou o ano cun total de 660 adopcións

2021 foi o mellor ano da historia do Centro de Acollida e Protección de Animais (CAAN) da Deputación de Pontevedra. Se xa no 2020 se establecera un récord de adopcións, cun total de 583, no pasado ano foron 660 os animais que puideron atopar un novo fogar desde o centro, rompendo tamén, como subliñou Carmela Silva, o reto que se tiña marcado de lograr 600 adopcións.

SmartPeme pon en marcha tres novos obradoiros

A Deputación de Pontevedra, a través de SmartPeme, oferta esta semana tres novas accións formativas impartidas de xeito online, enmarcadas na carteira de obradoiros que se imparten de forma telemática.

Sanidade lembra a posibilidade de vacinarse fronte á gripe ata o 15 de xaneiro

Sanidade lembra que a campaña de vacinación estará operativa ata o 15 de xaneiro e que se dirixe a toda poboación. O obxectivo xeral céntrase en diminuír o número e a gravidade das complicacións derivadas desta infección, minimizando o efecto na saúde mediante a súa prevención.

A Xunta concede axudas ao sector do taxi para a adquisición de vehículos adaptados

A Xunta concedeu no último ano 177 axudas ao sector do taxi para a adquisición de vehículos adaptados a persoas con mobilidade reducida e de baixas ou cero emisións, cun investimento de máis de 906.000 euros.

Leticia Gallego urxe ao Sergas a incorporar “de forma inmediata” máis persoal sanitario nos 14 centros de saúde da área sanitaria de vigo coa...

A deputada socialista Leticia Gallego e o voceiro de Sanidade, Julio Torrado, veñen de demandar á Xunta, a través da presentación dunha batería de iniciativas no Parlamento, a incorporar “de forma inmediata” máis persoal sanitario nos 14 centros de saúde da área sanitaria de Vigo coa actividade restrinxida.

O 26 % das persoas ingresadas por Covid nos hospitais do Sergas presentan a variante Ómicron

O Servizo Galego de Saúde continúa a monitorizar os casos positivos que ingresan nos hospitais da rede sanitaria pública galega, detectando que o 26,08% das persoas ingresadas presentan infeccións compatibles coa variante Ómicron.

O Museo inicia os estudos para descubrir “os misterios” do convento de Santa Clara

O Museo de Pontevedra quere coñecer “os misterios” da historia do convento de Santa Clara. Así o dixo o vicepresidente e responsable político da institución César Mosquera, quen cualificou de imprescindible coñecer o estado das instalacións.

A Xunta ofrecerá a partir do día sete deste mes un segundo test gratuíto para os rapaces de 5 a 11 anos

Os conselleiros de Sanidade e de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia, Julio García Comesaña e Román Rodríguez González, participaron onte, por videoconferencia, no Pleno do Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde, conxunto coa Conferencia Sectorial de Educación e a Conferencia Xeral de Política Universitaria.

A Xunta vacinará a menores de entre sete e nove anos

A Xunta de Galicia comezará hoxe martes, 4 de xaneiro, a administrar un total de 36.271 doses contra a Covid-19, á poboación con idades comprendidas entre os sete e os nove anos.

A Deputación reparte subvencións para executar proxectos de rehabilitación na provincia

O departamento de Patrimonio da Deputación vén de aprobar o reparto de 376.824,55 euros en axudas para proxectos de rehabilitación do patrimonio histórico cultural en toda a provincia.

A provincia de Pontevedra imaxe do novo selo de Correos da serie “12 meses. 12 selos”

A Deputación de Pontevedra vén de coñecer que a Dirección de Filatelia da Sociedade Estatal de Correos e Telégrafos resolveu que ao longo do 2022 vai emitir e poñer en circulación un selo de correo conmemorativo da provincia correspondente á serie “12 meses. 12 selos”.

A Deputación fai unha achega para empoderar ás mulleres en Honduras, Bolivia e El Salvador

A Deputación de Pontevedra vén de aprobar a concesión da nova liña de subvencións por valor de 40.118,36 euros a proxectos liderados por ONGD para a cooperación ao desenvolvemento.