Venres, 18 Xullo de 2025

É Noticia

O Museo abre a temporada de visitas ás Ruínas de San Domingos

O Museo de Pontevedra vai abrir a temporada de visitas ás Ruínas de San Domingos o vindeiro martes día 15. As instalacións permanecerán accesibles ao público ata o 31 de outubro e poranse a disposición das persoas interesadas visitas guiadas cada xoves ás 12 do mediodía.

A Deputación reafirma o seu compromiso con Ucraína

A Deputación de Pontevedra porá a disposición do goberno de España todas as canles que precise para levar a cabo o paquete de accións que o executivo quere poñer en marcha de forma inmediata, tanto para a necesaria coordinación de todo o traballo humanitario en Ucraína como na organización das tarefas de acollida para as e os refuxiados que cheguen fuxindo da invasión rusa.

A Deputación arranca o 8M reivindicando a axenda da paridade

A descuberta das pancartas co lema que a Deputación segue este ano no 8M, “Feminismo é conseguir a axenda da paridade”, no Pazo Provincial e na Sede de Vigo vén de dar inicio á intensa programación da institución provincial para todo este mes de marzo.

SmartPeme imparte catro obradoiros esta semana

A Deputación de Pontevedra, a través de SmartPeme, oferta esta semana catro novas accións formativas impartidas de xeito online, enmarcadas na carteira de obradoiros que se imparten de forma telemática.

A “DemoDay” da IV aceleradora de turismo amosa o pulo dos emprendedores da provincia

A “DemoDay” organizada pola Deputación para que as persoas emprendedoras que participaron na cuarta aceleradora de empresas turísticas presentasen os seus proxectos amosou esta mañá o pulo e a iniciativa empresarial do sector na provincia.

Oia incorpórase á Rede Estatal de Destinos Turísticos Intelixentes da que forma parte a Deputacion de Pontevedra

A incorporación de catro novos destinos da provincia de Pontevedra á Rede de Destinos Turísticos Intelixentes (RDTI), aprobada onte pola súa Comisión Executiva, foi sinalada como unha excelente nova pola presidenta da Deputación, Carmela Silva. A Deputación, única institución galega integrada na Executiva desta rede estatal promovida pola Secretaría de Estado de Turismo, valora as adhesións dos concellos de Pontevedra e Oia e das mancomunidades Terras de Pontevedra e do Morrazo, como un reforzo ás políticas turísticas pioneiras.

A Deputación tingue o Pazo Provincial coas cores da bandeira de Ucrania

A Deputación de Pontevedra súmase á condena da invasión de Ucrania por parte de Rusia e desde esta pasada noite iluminou o edificio do Pazo Provincial de azul e amarelo, as cores da bandeira ucraína, como símbolo de repulsa á actuación do goberno de Vladimir Putin e en solidariedade e apoio ao pobo ucraíno.

Galicia pon en marcha tres unidades funcionais multidisciplinares para atender pacientes con enfermidades raras

A Xunta vén de poñer en marcha tres unidades funcionais multidisciplinares enmarcadas na Estratexia Galega en Enfermidades Raras. Sitúanse en Vigo, A Coruña e Santiago e contan con equipos formados por un especialista en medicina interna, un especialista en pediatría e un profesional de enfermería.

A reivindicación da Axenda da Paridade no foco da Deputación para este 8M

A reivindicación da Axenda da Paridade, “indispensable para chegar a unha igualade plena”, marcará este ano a amplísima programación da Deputación de Pontevedra para este 8M con máis dunha trintena de accións que, como anunciou a presidenta Carmela Silva, se desenvolverán ao longo de todo o mes de marzo.

A Xunta abre a inscrición nas listas de emprego temporal dos servizos públicos da Administración galega

A Xunta abre mañá o prazo de inscrición nas listas de emprego temporal para traballar nos servizos públicos da Administración galega.

A Deputación aposta pola transformación da provincia con achegas para cultura e turismo

A Deputación de Pontevedra volveu a poñer de manifesto o seu compromiso coa cultura e o turismo, dous dos eixos estratéxicos da xestión do goberno provincial, trala aprobación en Xunta de Goberno das bases de subvencións nestes eidos por valor de 650.000 euros, que serán concedidos mediante concorrencia competitiva.

SmartPeme imparte un obradoiro esta semana

A Deputación de Pontevedra, a través de SmartPeme, oferta esta semana unha nova acción formativa impartida de xeito online, enmarcada na carteira de obradoiros que se imparten de forma telemática.