Venres, 19 Setembro de 2025

É Noticia

A Deputación e o CSIC reforzan a súa alianza para loitar contra a trioza

A Deputación de Pontevedra en colaboración co Centro Superior de Investigacións Científicas (CSIC) e a empresa Koppert España, vén de revalidar o convenio para o impulso do estudo científico que ten como obxectivo estudar o comportamento do insecto trioza eryteae ou psila africana para dar resposta e loitar contra a enfermidade da HLB.

Areeiro informa da boa saúde xeral da viña cara á vendima

A Estación Fitopatolóxica de Areeiro da Deputación de Pontevedra, vén de lanzar un novo aviso fitosanitario no que advirte de que a pesares dos cambios meteorolóxicos das pasadas xornadas, o estado fenolóxico da viña evoluciona correctamente.

A Deputación abre a poxa para a explotación comercial da uva do Castelo de Soutomaior

A Deputación de Pontevedra vén de publicar o anuncio da poxa para a colleita de uva albariña e outras variedades brancas da leira do Castelo de Soutomaior.

O Museo de Pontevedra alcanza a excelencia en Calidade Turística

O Museo de Pontevedra vén de referendar a súa aposta pola excelencia co recoñecemento da esixente marca “Q” de calidade turística, que promoven o ICTE (Instituto para a Calidade Turística Española) e a Asociación Española de Normalización UNE.

A Deputación amplía a liña de axudas para a formación de mulleres adestradoras reforzando o seu compromiso coa igualdade

A Deputación de Pontevedra vén de aprobar unha nova liña de axudas destinadas a impulsar a formación de mulleres para postos de adestradoras ou técnicas deportivas na provincia. Neste segundo ano de concesión de estas axudas, a contía incrementouse en 10 000 euros máis, pasando dos 15 000 euros da convocatoria pasada aos 25 000 euros. As interesadas poderán solicitar estas axudas a partir do día seguinte da publicación das bases no Boletín Oficial da Provincia ata o 1 de decembro en réxime de concordancia non competitiva.

O vindeiro curso incorpóranse 66 ciclos de FP ao modelo plurilingüe

A Xunta vén de publicar no Diario Oficial de Galicia a resolución definitiva pola que se autoriza un total de 66 ciclos formativos plurilingües que comezan no curso académico 2022/23 en 33 centros educativos galegos.

A Xunta de Galicia adxudica a renovación dunha das súas tres resonancias móbiles

A Xunta de Galicia vén de publicar a resolución pola que adxudica á empresa General Electric Healthcare España a renovación dunha das súas tres resonancias móbiles.

Areeiro aconsella extremar a vixilancia nas viñas co inicio do pintado da uva

A Estación Fitopatolóxica de Areeiro da Deputación de Pontevedra, vén de lanzar un novo aviso fitosanitario no que aconsella continuar revisando as viñas no inicio do pintado da uva.

Areeiro recomenda extremar a vixilancia na parte alta das vides

A Estación Fitopatolóxica de Areeiro da Deputación de Pontevedra vén de lanzar un novo aviso fitosanitario no que aconsella continuar revisando a evolución do mildio, xa que na parte alta das parras seguen sen chegar os funxicidas.

A Xunta aposta polo persoal farmacéutico para axiliar a renovación das receitas dos pacientes crónicos

O responsable da sanidade pública galega, Julio García Comesaña, visitou hoxe aos novos farmacéuticos que prestarán apoio dende A Estrada, na Central do 061, aos centros de saúde que máis o precisen para axilizar a renovación das receitas dos pacientes crónicos. Onte comezaron a traballar tres, e a semana próxima serán cinco.

SmartPeme ofrece esta semana tres obradoiros

A Deputación de Pontevedra, a través de SmartPeme, oferta tres novas accións formativas mixtas impartidas de xeito online e presencial, enmarcadas na súa carteira de obradoiros.

Formoso empraza á Xunta a dar o paso de solicitar a declaración de zona catastrófica para os incendios do Courel e Valdeorras

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, emprazou á Xunta a non perder máis tempo e a dirixirse ao goberno do Estado para solicitar formalmente a declaración de zona catastrófica para as zonas do Courel e Valdeorras afectadas polos incendios forestais. Esta medida permitiría mobilizar toda a axuda posible para as persoas que perderon os seus fogares ou que viron danadas as súas explotacións agropecuarias e todo tipo de establecementos empresariais.