A igrexa de Santa Clara acollerá mañá martes a primeira das charlas sobre os achados arqueolóxicos que amosan como foi a vida no convento durante os máis de 700 anos que o conxunto permaneceu pechado ao público.
A Deputación de Pontevedra vén de recibir unha nova subvención do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITECO) de 280.658 euros para desenvolver o programa “Hub para a loita contra a fenda dixital e a soidade non desexada no medio rural da provincia de Pontevedra”.
A “grandísima e recoñecidísima” actriz galega, María Casares, terá unha camelia co seu nome no Xardín de Camelias con Nome de Muller do Castelo de Soutomaior.
Definir ferramentas e propostas que permitan mellorar o ensino da situación sociolingüística do galego nas aulas de Secundaria e contribuír a que o alumnado comprenda a situación de minoración na que se atopa o idioma son dous dos obxectivos do proxecto ‘Lingua e sociedade’ -que impulsa a Deputación de Pontevedra xunto a persoal investigador da Universidade de Vigo– e que onte centraron as xornadas homónimas celebradas no Pazo Provincial. Un dos resultados do traballo será a publicación dunha guía didáctica que se repartirá nos centros da provincia.
Co obxectivo de impulsar novas iniciativas, actividades e proxectos conxuntos que sigan a contribuír ao desenvolvemento social e económico da provincia a presidenta da Deputación Carmela Silva e o reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa, xunto ás vicerreitoras dos campus de Pontevedra e Vigo, Eva Lantarón e Natalia Caparrini, veñen de asinar un novo protocolo de colaboración para regular as relacións entre ambas institucións.
O Apalpador, a tradicional figura do Nadal na Galiza, visitará este ano 46 concellos da man da Deputación de Pontevedra grazas á octava edición do programa ‘Nadal en Galego’. O departamento de Lingua dirixido pola deputada María Ortega concedeu a actuación a todos os municipios que o solicitaron.
A Deputación de Pontevedra celebrará o próximo venres 18 de novembro a Gala de entrega dos VI Premios Provinciais á Xuventude. A cita comezará ás 18:00 horas no Salón de Plenos do Pazo provincial, estará conducida pola xornalista cultural e actriz Adela Bértolo e a guinda musical correrá a cargo de Eva Pico, alumna da 1ª edición do programa de mentorías de Descúbreas.
A Deputación de Pontevedra, a través de SmartPeme, oferta catro novas accións formativas impartidas de xeito mixto, combinando cursos online e presenciais, enmarcados na súa carteira de obradoiros.
A subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba, coordinou esta mañá cos principais mandos policiais da provincia o dispositivo preventivo co que se garantirá a operatividade das comunicacións con motivo da convocatoria dun paro patronal por parte dunha plataforma minoritaria do transporte. A subdelegada deu instrucións para que se tomen as medidas operativas oportunas que propicien a libre circulación dos transportistas que non secunden o paro, ante a posible presenza de piquetes.
A Consellería de Sanidade abriu a autocita para todas as persoas que, por diferentes motivos, non foron vacinadas coa segunda dose de reforzo da covid-19. Así, a partir de hoxe venres, 11 de novembro, poderase xestionar a cita para a vacinación, que terá lugar en grandes recintos. A citación farase a partir do luns, 14 de novembro.
Que teñen en común a zona transfronteiriza arredor do Río Soča na fronteira eslovena-italiana e a zona do Río Miño ao longo da fronteira galego-portuguesa? Segundo se puxo onte de manifesto na xornada de traballo organizada polo AECT Rio Minho e o AECT Go hai moitos paralelismos entre ambos territorios transfronteirizos e tamén moitos obxectivos conxuntos.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.