A Deputación de Pontevedra, a través do programa SmartPeme de asesoramento tecnolóxico para pemes e persoas autónomas, oferta esta semana do 10 de abril cinco novas accións formativas enmarcadas na súa carteira de obradoiros.
A Xunta de Galicia incorporará a partir do vindeiro 10 de abril, a administración da vacina fronte ao herpes zóster, que será administrada de xeito sistemático ás persoas que fagan 65 e 80 anos, cada ano. Deste xeito, a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade adianta en 2 meses o comezo dun proceso, cuxo inicio estaba previsto para o mes de xuño.
A deputada de Turismo da Deputación de Pontevedra, Ana Laura Iglesias, informou sobre as actividades que a institución provincial ten previsto realizar este ano no Castelo de Soutomaior.
O Museo de Pontevedra vén de conseguir unha subvención de tres millóns de euros do Programa de Impulso á Rehabilitación de Edificios Públicos –PIREP- no marco dos fondos do Next Generation para realizar as obras de consolidación, restauración e interconexión mediante o subsolo dos seus edificios centrais situados na Praza da Leña.
Volven os “Bosques Terapéuticos”, a proposta provincial de lecer, cultural e terapéutica que invita a desfrutar da natureza e dos beneficios dos chamados “baños de bosque” nos espazos naturais da provincia.
As futbolistas Silvia Aguete, Ale de Paz e Luci Gómez, as dúas primeiras do Marín Futsal e a segunda do Poio Pescamar, foron recibidas no Pazo provincial da Deputación de Pontevedra polo deputado de Deportes, Gorka Gómez, para celebrar o seu recente título europeo co equipo español feminino no Campionato de Europa de Fútbol Sala.
O Museo de Pontevedra organizou o xoves 30 de marzo, en colaboración coa Universidade de Vigo, o seminario ‘Museos, feminismos, canon’. As catedráticas Lourdes Méndez Pérez, da Universidad del País Vasco, Lourdes Prados Torreira, da Universidad Autónoma de Madrid, e Concha Lomba Serrano, da Universidad de Zaragoza, expuxeron os seus puntos de vista de como deben mudar o discurso e os espazos dos museos para convertérense en institucións inclusivas e igualitarias.
O secretario de emprego do PSdeG, Pedro Blanco, advertiu ao PP e ao BNG que “terán que explicar moi ben aos galegos e galegas” o seu voto en contra da reforma das pensións que garante o nivel adquisitivo de 700.000 galegos e galegas e que ten un amplo consenso político, económico e social.
Máis de vinte alcaldías de Concellos galegos e presidencias de Cámaras portuguesas, Deputacións, Xunta de Galicia e institucións homólogas de Portugal participaron no II Encontro Transfronteirizo da Vía Maríana celebrado no concello portugués de Melgaço.
A Deputación volve sumarse á celebración do Día das Artes Galegas que promove a Real Academia Galega de Belas Artes este sábado, 1 de abril, e que no 2023 protagoniza o trobador Martín Códax. Deste xeito, a Administración provincial desenvolverá diversas actividades para poñer en valor o legado deste músico da segunda metade do século XIII e comezos do XIV, orixinario de Vigo, protagonista das cantigas galegas e icona histórica, cultural e identitaria de Galicia.
O Salón de plenos do Pazo provincial da Deputación de Pontevedra acolleu o Demo Day da sétima edición de "DepoEmprende na FP", na que alumnos e alumnas de 6 centros da provincia –Vigo (2), Pontevedra (2), Gondomar (1) e As Neves (1)– presentaron os 8 proxectos emprendedores elixidos para participar neste certame, no que se repartiron 1.900 euros en premios.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.