Sábado, 21 Xuño de 2025

É Noticia

Sergas e CESM chegan a un acordo para desconvocar a folga iniciada polo sindicato

O Servizo Galego de Saúde e a Confederación Estatal de Sindicatos Médicos (CESM) mantiveron onte unha reunión, que se prolongou máis de 6 horas, na que se acadaron importantes compromisos vencellados a melloras retributivas e de xornada para o persoal médico, e polo que se dá por finalizada a folga de maneira inmediata.

A Deputación lanza o Plan de Acción da Axenda Urbana

A Deputación de Pontevedra convértese na primeira institución provincial de Galicia en poñer en marcha o Plan de Acción da Axenda Urbana, que deseñará da man da cidadanía e dos concellos o modelo de provincia de aquí a 2030.

Novas accións formativas de SmartPeme esta semana

A Deputación de Pontevedra, a través do programa SmartPeme de asesoramento tecnolóxico para pemes e persoas autónomas, oferta ata o xoves 20 de abril novas accións formativas enmarcadas na súa carteira de obradoiros.

Esgotadas todas as rutas de maio dos “Bosques Terapéuticos”

En pouco máis de media hora esgotáronse esta mañá as 120 prazas das oito rutas dos “Bosques Terapéuticos” programadas pola Deputación para o vindeiro mes de maio.

Primeira edición do ano dos “Bosques Terapéuticos”

“Desconectar móbiles. Observar a luz solar que penetra entre as follas das árbores. Percibir os sons e aromas que nos rodean. Camiñar devagar en silencio. Deixarnos levar, respirar profundamente, desfrutar do momento. E sentirse parte da experiencia”. Estas son as pautas a seguir en cada ruta dos “Bosques Terapéuticos”.

Semana Santa histórica para Pontevedra en cifras de turismo

“Foi unha Semana Santa histórica que augura que imos ter un verán tamén histórico”. Deste xeito cualificou a presidenta da Deputación, Carmela Silva, os datos de ocupación turística na provincia que, segundo subliñou, “superan na maioría dos casos os do 2022 e son similares e incluso mellores que os datos prepandemia”.

Volve o programa da Deputación “Música no Ar”

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, informou sobre a nova edición do programa cultural “Música no Ar”, que arranca o próximo sábado 22 de abril con 15 concertos de música clásica e de cámara en importantes espazos patrimoniais da provincia como museos, igrexas, bens do patrimonio industrial, castelos, pazos ou fortalezas situadas en concellos de menos de 20.000 habitantes.

A Deputación celebrará o Día do Libro

A Deputación adianta este ano a celebración do Día Internacional do Libro cun acto de homenaxe á escrita galega e á nova canteira de autoras e autores, que terá lugar o vindeiro mércores 19 de abril na sede provincial en Vigo.

Areeiro advirte da aparición das primeiras manchas de mildio nas viñas

A Estación Fitopatolóxica Areeiro da Deputación de Pontevedra advirte da aparición das primeiras manchas de mildio en viñas tralas revisións realizadas polo seu persoal que confirmaron a alerta realizada por persoas técnicas e viticultoras.

Novos datos sobre a repercusión da folga de sanidade

A Consellería de Sanidade e o Servizo Galego de Saúde respectan a decisión dos profesionais que decidiron secundar a folga. A Xunta segue apostando polo diálogo e o consenso con todos os actores implicados no fortalecemento da sanidade pública galega. O 85,8% do persoal acode a traballar na primeira xornada de folga convocada por un sindicato médico.

Novos estudantes de FP da provincia completan o programa Erasmus+

Un total de 9 estudantes de FP da provincia de Pontevedra atópanse xa en Malta, Italia e Portugal no marco das primeiras mobilidades do programa Erasmus+ 2022 co obxectivo de realizar prácticas laborais en empresas e institucións europeas, reforzando así as súas competencias, ao tempo que adquiren experiencia e melloran as súas expectativas laborais.

Esgotadas as prazas das saídas de abril dos “Bosques Terapéuticos”

Os “Bosques Terapéuticos” da Deputación veñen de colgar o cartel de completo para este mes. Deste xeito, as 90 prazas das seis rutas que se desenvolverán en abril en espazos naturais da provincia esgotáronse este luns 10 de abril, na mesma xornada en que se abriron as inscricións, e a Illa de Tambo foi de novo o itinerario máis solicitado.