21.5 C
Pontevedra
Venres, 19 de Abril de 2024
Máis
    HomeÉ NoticiaA Deputación lanza a quinta edición dos Premios Sofía Novoa "porque non...

    A Deputación lanza a quinta edición dos Premios Sofía Novoa “porque non imos deter nada que teña que ver con promover a igualdade”

    Os galardóns premian a integración da perspectiva de xénero nos traballos universitarios de Fin de Grao e Fin de Máster nos campus de Pontevedra e Vigo

    “Seguimos a apostar para que non se deteña nada que teña que ver con promover a igualdade”, asegurou a presidenta da Deputación no lanzamento da quinta edición dos Premios Sofía Novoa. Estes galardóns, que impulsou o goberno de Carmela Silva fai catro anos, premian a integración da perspectiva de xénero nos traballos universitarios de Fin de Grao e Fin de Máster defendidos e aprobados nos campus de Pontevedra e Vigo da Universidade de Vigo durante o curso 2019/2020.  As bases desta nova edición, que repartirá premios por valor de 5.200 €, véñense de publicar hoxe no Boletín Oficial da Provincia, manténdose aberto o prazo de inscrición ata o 2 de outubro.

    Carmela Silva destacou o dobre obxectivo deste premios que valoran  “a innovación, estudio,  investigación, propostas de traballo para conseguir a igualdade”, pero tamén “visibilizan a Sofía Novoa, unha muller moi avanzada no seu tempo, pedagoga, música, que estivo na Residencia de Señoritas de Madrid, onde moitas mulleres do primeiro terzo do século XX puideron ter unha formación educativa que lles permitiu ocupar moitos espazos de referencia”.

    A edición deste ano dos Sofía Novoa entregarán dous premios de 1.000 € e un accésit de 600 euros tanto na modalidade de Traballos Fin de Grao como de Máster. As persoas gañadoras serán avaliadas de xeito anónimo, xa que os traballos non poderán conter ningún elemento identificativo, por un xurado integrado por persoas da administración provincial e da Universidade de Vigo. En liñas xerais, o xurado analizará a calidade do traballo, a relevancia e carácter innovador da súa temática e metodoloxía, a aplicabilidade práctica das achegas do estudo, o uso da linguaxe inclusiva e da lingua galega, así como o emprego de referencias e fontes bibliográficas. Na última edición dos Premios Sofía Novoa obtiveron galardóns na modalidade de Fin de Grao Karen Giselle Engster, de Salceda, por “Constitución Española inclusiva. Estudio previo y propuestas de redacción”; Cristina Pérez, de (Pontevedra, por “Trabajar con perspectiva de género a través de la metodología por proyectos en la Educación Infantil”; e Antía Álvarez, de Vigo, por “Menores transexuales en el ámbito educativo”. No caso dos Traballos Fin de Máster os premios foron para Marta Molina, de Vigo, por “Sensibilización e formación en igualdade de xénero do profesorado de FP”; Rut Guinarte, de Redondela, por “Mediando a temática do traballo de coidados na aula de inglés: co-construíndo novas realidades igualitarias”;  e Fernando Miguel Otero, de Vigo, por “A situación do alumnado trans no Ensino Secundario de Galicia”.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.