A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar novos recursos por un importe de máis de 1 millón de euros (1.004.268,55), ao abeiro do Plan Concellos, para financiar equipamentos e contratación de persoal en Baiona, Pontecesures, Tui e Lalín. Baiona recibirá máis de 186.000
As mulleres defensoras de Dereitos Humanos de Mesoamérica, a rexión comprendida entre o sur de México e Costa Rica, son as protagonistas da II edición de ‘Defensoras de Dereitos’ que empezou a andar onte en Pontevedra. As súas historias de vida, o seu traballo en defensa dos dereitos das mulleres, das comunidades indíxenas… son o fío condutor desta iniciativa impulsado pola Deputación de Pontevedra e a Coordinadora Galega de ONGD en colaboración coa Iniciativa Mesoamericana de Mujeres Defensoras de Derechos Humanos.
As persoas traballadoras autónomas de Galicia con e sen persoal contratado ao seu cargo poden solicitar desde o día de hoxe as axudas da Xunta para apoiar a súa actividade. O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou o mércores a primeira das liñas de apoios do Plan de rescate para as persoas traballadoras autónomas e microempresas.
As axudas da Deputación para rehabilitar e sinalizar patrimonio histórico cultural na provincia veñen de ser solicitadas por 54 concellos da provincia, quedando unicamente á marxe A Estrada, Illa de Arousa, Meaño, Pazos de Borbén e Pontecesures, que non presentaron proxecto para subvencionar. Nestes momentos as solicitudes están a ser fiscalizadas polo departamento de Intervención, que emitirá ditame para indicar se se axustan ás bases da convocatoria.
“Non imos facer máis minutos de silencio. Estamos fartas do silencio. Nós imos berrar alto e claro e non imos parar ata rematar con algo tan intolerable como o maltrato que sufrimos as mulleres. Que saiban os machistas, os maltratadores e os asasinos de mulleres que os desprezamos profundamente”. Con estas palabras a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, volveu hoxe a lanzar un berro contra a violencia machista no acto de presentación da extensa programación que a institución vai desenvolver ao abeiro da celebración do 25N.
Por terceiro ano consecutivo a Deputación de Pontevedra e a Coordinadora Galega de ONGD impulsan 'Defensoras de Dereitos', un proxecto que ten por obxectivo visibilizar o papel que as mulleres mesoamericanas están a desenvolver para defender a equidade e os dereitos humanos. Neste 2020, o proxecto contempla a exposición itinerante 'Defensoras. Sementes de cambio' que percorrerá Pontevedra, Gondomar e A Estrada, un encontro online con mulleres que están a traballar na procura dos dereitos e a presentación duns libros de Lara Dopazo para concienciar á mocidade de secundaria.
A Deputación de Pontevedra arranca hoxe xoves, 19 de novembro, unha intensa programación que desenvolverá ao abeiro do 25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. A xornada comezarou ás 11.45 horas coa colocación de sendas lonas nas fachadas do Pazo Provincial e da sede de Vigo.
A Deputación de Pontevedra non aplicará na corporación provincial a suba salarial do 0,9 %. O deputado Carlos Font comunicou hoxe que o goberno retirará das bases do orzamento 2021 o paragrafo no que aparece que as retribucións da corporación variarán en función do que determinen os orzamentos xerais do estado. Font lamentou o “debate amarillista e cheo de lixo que tentou verter o PP e do que só podemos sentir vergoña porque lles vale todo”.
A Deputación de Pontevedra e a Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) celebran este xoves, día 19, ás 19.00 horas, unha nova sesión do ciclo de conferencias Aida Fernández de los Ríos. Desta volta co seminario virtual “A tecnoloxía das cadeas de bloques: alén do bitcoin e contra o coronavirus”, que será impartido polo profesor Martín López Nores, doutor do Departamento de Enxeñaría Telemática da Universidade de Vigo.
O deputado provincial Carlos Font lamentou hoxe que o Grupo provincial do PP se dedique “ao exercicio da mentira compulsiva que xa é o seu sinal de identidade, co que agora pretenden enganar e confundir á opinión pública cando falan das dedicacións e dos salarios da corporación provincial”. O deputado foi tallante e mostrou a súa indignación. “É unha absoluta falacia e non o imos consentir. É tráxico que un partido condenado por corrupción, con ducias de dirixentes que roubaron a mans cheas, pretenda dar leccións de nada. O seu si que é unha indignidade”
A presidenta da Deputación de Pontevedra Carmela Silva e a secretaria de Estado da Axenda 2030 Ione Belarra sentaron as bases dunha estratexia de colaboración conxunta e alianza entre institucións para dar cumprimento aos ODS e aos retos da Axenda 2030. No transcurso do encontro telemático celebrado esta mañá, Silva deu a coñecer as iniciativas lideradas pola Deputación de Pontevedra que sitúan á Axenda 2030 como a súa “política tractora e unha folla de ruta na que levamos traballando desde fai catro anos”.
Consciente de que “estamos nun momento moi complicado para o sector turístico” pero tamén “optimista, vendo que parece que vai haber vacinas”, a presidenta da Deputación anunciou esta mañá a aprobación do proceso de contratación do servizo de xestión integral da campaña anual de comunicación e promoción turística do destino Rías Baixas 2021 que terá un investimento de 200.000 €. “Queremos ter todo en marcha –dixo Carmela Silva– adiantarnos e avanzar rápido para estar preparadas e preparados”.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.